Bases Programa ConciliAres

Comparte este evento

INSCRICIÓNS CONCILIARES 2024: https://forms.gle/7Zt96RmXbqFp4XVC9

INTRODUCIÓN:

Galicia é un referente nas actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre que se programan, de xeito maioritario, durante os meses de verán. Prográmanse centos de actividades ao longo do noso territorio co obxectivo de ofrecer un recurso de educación no tempo libre para os nenos/as e mozos/as, e de conciliación para as familias galegas durante a época estival.

Qué é este Servizo?

O Servizo de “Conciliares ” é unha actividade  de eido lúdico-educativa, onde os nenos e nenas poderán realizar actividades adaptadas e divertidas á vez que aprenden e se desenvolven, axudando así tamén ás familias a conciliar a súa vida laboral e familiar.

Este servizo, lévase a cabo dende a Concellaría de Servizos Sociais, seguindo unha rigorosa orde de seleción segundo os criterios de acceso , e donde teñen preferencia os casos de emerxencia social e aquelas familias nas que ámbolos proxenitores traballen.

Ademais, para unha correcta labor do servizo contaremos con:

  • Varios educadores (segundo a normativa vixente o esixa) coa cualificación necesaria para exercer a labor.
  • Un/unha limpadorx-coordinadora, que estará pendente en todo momento da hixienización dos espazos donde se leven a cabo as actividades.

OBXECTIVOS DO SERVIZO:                                                                         

Obxectivos xerais:

  • Fomentar a conciliación da vida laboral e familiar das persoas usuarias.
  • Contribuír á formación integral das persoas seleccionadas, potenciando a oferta de actividades de carácter educativo, deportivo, artístico, de lecer, de promoción da saúde e de habilidades persoais.
  • Potenciar valores e actitudes, así como o desenvolvemento da autonomía persoal e superación de dificultades.
  • Fomenta-la utilización da actividade lúdica como un recurso educativo e creativo no tempo
  • Facilita-la maduración da personalidade dos nenos e nenas nos seus diferentes ámbitos: cognitivo, psicomotriz e psicosocial.
  • Apoia-la coordinación co tecido asociativo en tódolos niveis municipais.
  • Fomentar hábitos de respecto, convivencia, igualdade e solidariedade, potenciando os valores positivos do pluralismo, a tolerancia, a coeducación e o respecto á diversidade.

Obxectivos específicos:

  • Promover estilos de vida saudables.
  • Promover as actitudes e valores de igualdade de xénero.
  • Conseguir que as persoas seleccionadas adquiran unha maior autonomía e responsabilidade na organización do seu tempo libre.
  • Desenvolver a autoestima dos nosos nenos e nenas
  • Mellorar as relacións entre os nenos e nenas e axudarlles a adquirir habilidades sociais e de comunicación.
  • Favorecer a sensibilidade, a curiosidade e a creatividade das persoas seleccionadas.
  • Favorecer a toma de decisións.
  • Favorecer a autonomía persoal dos nenos e nenas.
  • Promover a resolución pacífica de conflitos.
  • Facer fincapé nalgunha/s dificultade/s que poidan condicionar a aprendizaxe nas materias instrumentais básicas.
  • Favorecer o desenrolo cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade.
  • Proporcionar ós nenos un espazo especializado no xogo, onde aprender xogando, divertirse, desenrolar a imaxinación e a creatividade xunto co seu grupo de iguais sexa o máis importante.
  • Facilitar a integración e o desenrolo dos nenos e da nenas con necesidades educativas especiais ou en situación de emerxencia social a través do xogo, xa que este é un elemento integrador que logra que adquiran rutinas, normas simples, valores sociais e de convivencia, etc.
  • Afianzar os coñecementos académicos básicos que adquiren na escola por medio dunha metodoloxía lúdica.

Todo isto, mediante unha serie de actividades que máis adiante describiremos e para as que seguimos unha serie de criterios:

  • Adecuación aos principios educativos.
  • Consideración dos obxectivos, facendo sobre todo fincapé nas medidas sanitarias existentes.
  • Motivación para unha aprendizaxe significativa.
  • Coherencias pedagóxico-didácticas.
  • Fomento de actitudes solidarias ante a realidade social e cultural.
  • Afianzamento de comportamentos baseados en valores humanos.

DESTINATARIOS

Nenos/as con idades comprendidas entre os 3 e os 12 (ver punto criterios de acesso e preferencia)

40 prazas por quincena.

HORARIO

O horario é o seguinte:

Xullo e agosto de 8:30 a 14:30 h. de luns a venres, agás festivos.

INSTALACIÓNS

Esta actividade lévase a cabo:

  • Centro SocioComunitario de Seselle; por mor das obras no C.P.I. As Mirandas este  ano Conciliares 2024 desenvolverase nesta localización.

DATAS QUINCENAS:

1ª QUINCENA DE XULLOO: DO 1 ao 12 de Xullo.

2º QUINCENA DE XULLO: Do 15 ao 31 de Xullo.

1ªQUINCENA DE AGOSTO: Do 1 ao 14 de Agosto.

2ªQUINCENA DE AGOSTO: DO 16 ao 30 de Agosto.

CRITERIOS DE ACCESO  E PREFERENCIA DO SERVIZO:

Xa que o Servizo de “Conciliares” é un servizo destinado a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, os criterios de acceso seguirán a orde seguinte:

  • Nenxs empadroadxs no Concello de Ares con algún dos proxenitores traballando (Priorizacion dos casos nos que traballen ámbolos dous proxenitores e segundo certificado de vacacións dos proxenitores  ).
  • Nenxs empadroados con informe previo dos Servizos Sociais.
  • Nenxs non empadroados no Concello de Ares con ambos proxenitores traballando e que mínimo un dos proxenitores traballen no termo municipal de Ares.
  • Nenxs non empadroados e sen ningun proxenitor traballando en Ares no caso de non cubrir as prazas ofertadas; o baremo será o da renda.

Anotacións:

  • Terán prioridade aquelas unidades familiares que teñan un maior número de membros solicitantes desta actividade.
  • A orde das listaxes dos participantes dentro de cada punto anterior virá dada pola renda da unidade familiar (de inferior a maior) e priorizando aos empadroados.

DOCUMENTACION A PRESENTAR:

As familias interesadas, dentro do prazo de solicitude, deberán presentar a solicitude de inscrición mediante o formulario on-line disposto na paxina web, en unha vez confirmada dita presincripcion mediante copia da mesma ao correo electrónico disposto na solicitude, aportar a documentación xustificativa mediante rexistro electrónico a través da páxina web  www.concellodeares.gal ou presencialmente no Departamento de Servizos Sociais:

  • Copia da Preinscripción Online.
  • Declaración da renda do exercicio 2022 , ou no caso de non estar obrigado a presentala, certificación da AEAT que acredite este feito ademais dos datos fiscais que consten en la AEAT na que se poidan observar os ingresos anuais da unidade familiar durante o 2022.
  • Fotocopia do DNI do neno ou nena ou no seu defecto fotocopia da folla onde aparece no libro de familia.
  • Fotocopia da cabeceira da nómina, contrato en vigor dos proxenitores ou calquera outro documento legal que acredite a situación de empregabilidade do/s proxenitor/es e horarios( por conta propia ou allea ).
  • Certificado de convivencia.
  • Fotocopia do carné de familia numerosa no seu caso.
  • Certificado médico de alerxias ou problemas médicos a ter en conta polo monitor/a, e avisar se as nenas ou nenos están de alta coma casos de alerta escolar no SERGAS.
  • Informe emitido dende a Concellaría de Servizos Sociais, no seu caso.
  • Convenio regulador de separación o divorcio se fose o caso/ sentencia xudicial.
  • Certificado de Vacacións da empresa ou Declaración Xurada no caso de ser Autónomos.

Rematado o prazo de matrícula, publicarase a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na páxina web do concello no apartado destinado á actividade, á que se poderán facer alegacións no prazo de dous días hábiles. Unha vez revisadas as alegacións formuladas publicárase a listaxe definitiva.

No caso de que exista maior demanda que oferta de prazas, elaborarase unha listaxe de agarda seguindo os mesmos criterios anteriores.

No caso de variación das circunstancias laborais dalgún dos proxenitores entre o momento da solicitude e a publicación da resolución definitiva, as familias poderán solicitar a incorporación de novos documentos xustificativos para a súa valoración.

TAXAS:

 

    TRAMOS

 

                                                                    CUOTAS

IPREM MENSUAL: 600 € MES COMPLETO

(EMPADROADOS)

QUNCENA

(EMPADROADOS)

MES COMPLETO(NON EMPADROADOS) QUINCENA(NON EMPADROADOS)
 

 ATA 50% IPREM

 

Ata 300 €

 0 €  

 

 

0€

 

 

 

0€

 

 

 

0€

 

Do 50 % IPREM ATA O 75%

 

300€ – 450 €

30€  

 

 

15€

 

 

 

60€

 

 

 

30€

 

DO 75% DO IPREMAO 100%

 

450 € – 600 €

50€  

 

 

25€

 

 

 

80€

 

 

 

40€

 

DO 100% ATA 125% DO IPREM

 

600 € – 750 €

70€  

 

 

35€

 

 

 

100€

 

 

 

50€

DO 125% DO IPREM EN ADIANTE

 

750 € en adiante

100€  

 

 

50€

 

 

 

130€

 

 

 

65€

Para o cálculo da tarifa terase en conta a renda mensual per cápita referida ao IPREM vixente, entendendo por tal o resultado de dividir a suma dos ingresos anuais  totais da unidade familiar entre 12 meses e o seu resultado entre os membros que a compoñen.

Para os efectos da presente regulación, ten a consideración de ingresos a suma da base impoñible xeral máis a base impoñible do aforro. Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles ás que se fai referencia obteranse como resultado da documentación económica achegada.

Excepcionalmente, se a unidade familiar alega unha diminución dun 20 % ou mais dos seus ingresos durante mais de catro meses consecutivos e se mantivesen na data de inicio do prazo de solicitudes fronte aos ingresos declarados na declaración do IRPF do exercicio anterior ao ano no que se solicita o servizo, poderán aportar esta documentación xustificativa da dita circunstancia para que se teña en conta a valoración.

A renda per cápita familiar englobará os ingresos de todos os membros que compoñen a unidade familiar divididos polo número de membros computables.

Para o previsto nestas bases, considérase que compoñen a unidade familiar:

  • Os pais/nais non separados legalmente e, no seu caso o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor.
  • Os fillos/as menores de idade, con excepción dos emancipados.
  • Os fillos/as maiores de idade con discapacidade física, psíquica ou sensorial ou incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Os fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro do ano inmediatamente anterior a aquel no que comeza o curso escolar para o que se solicita o servizo, sempre que non tiveran un contrato de traballo ou percibiran recursos (agás bolsas) durante o ano anterior.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os fillos dos pais que convivan con eles e que reúnan os requisitos do apartado anterior.

No caso de separación ou divorcio, non se considerará membro da unidade familiar aquel que non conviva co solicitante do servizo. En cambio, si terá a consideración de membro computable o novo cónxuxe ou persoa unido/a ao pai/nai e que si que conviva co solicitante. A separación ou divorcio acreditarase mediante sentenza xudicial que determine a mesma, ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

Poderá esixirse en calquera momento a ampliación da documentación acreditativa das diferentes circunstancias que se teñen en conta no baremo de bonificación das taxas.

A omisión, falsidade dos datos ou dos documentos achegados, serán causa de denegación, con independencia da incoación do correspondente expediente sancionador.

NORMAS SOBRE A IMPUTACIÓN DAS COTAS

Aquelas persoas solicitantes que non acheguen a documentación requirida para a determinación da súa capacidade económica, no prazo de subsanación correspondente, aboarán a tarifa prevista para aquelas unidades familiares cunha renda per cápita superior ao 100% do IPREM.

BENEFICIOS FISCAIS

Terán dereito as seguintes bonificacións:

  • Bonificación do 30% para os nenos e as nenas pertencentes a familias numerosas e familias monoparentais.
  • Bonificación do 30% dende o 2º irmá dentro da actividade ( desconto aplicable para o segundo irmá/n e seguintes ) .

Os beneficios fiscais recollidos neste apartado, non serán acumulables no caso de concorrer estas dúas circunstancias na mesma praza.

A solicitude de bonificación de taxas deberá facerse no apartado correspondente da solicitude on line.

DEVENGO

A obriga de pagamento para os usuarios nace cando se produza a notificación de admisión no servizo mediante a publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido (a cota a aboar poderá consultarse no Departamento de Servizos Sociais ) e na forma que se indique na devandita resolución.

A non asistencia do usuario ó centro durante un período determinado non supón redución ningunha, nin extinción da taxa, mentres non se formalice a baixa correspondente cun mínimo de quince días antes de que comece cada quenda.

A non asistencia de 3 dias  sen xustificar documentalmente na actividade é motivo de baixa automática da actividade.

NORMAS DE XESTIÓN

Os/as usuarios/as realizarán o pagamento do servizo mediante transferencia bancaria no número de conta que se designe na resolución de admisión e sempre antes de comezar a recibir o servizo.(ver prazos de pago)

As cantidades aboadas só se devolverán no caso de non poder utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades aboadas.

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo para presentar a solicitude comezará o martes 14 de Maio  de 2024 e rematará o martes 31 de Maio  incluído).

Anotación: As solicitudes que vaian a ser entregadas no Departamento de Servizos Sociais  serán entregadas en horario de 9:00h a 14:00h ou por rexistro electrónico na Web Municipal.

A listaxe de admitid@s provisonal se publicara na paxina web e no taboleiro de anuncios do Departamento de Servizos Sociais o dia 6 de Xuño de 2022 e a listaxe definitiva o dia 10 de Xuño.

Así mesmo, unha vez publicada a listaxe de admitidos disporán  ata o dia 20 de Xuño para facer efectivas as coutas correspondentes ao mes de Xullo, e ata o 20 de Xullo para facer efectivas as coutas de Agosto.

O numero de conta designado para tal é o seguinte;

ES66 2080 5609 9331 1000 0349; porase o nome do menor e o mes ou quincena  correspóndete, enviando copia ao seguinte correo: servizos.sociais@concellodeares.com

ACTIVIDADES:

Dun xeito xeral, as actividades de ocio educativo e tempo libre son espazos de diversión, de formación, e tamén de fondo espírito convivencial. Neste sentido, as programacións de actividades durante o verán soen ser interactivas e participativas para conseguir a integración e inclusión de todos os nenos e nenas e, tendo temáticas distintas cada quincena.

BASES COMPLETAS EN PDF: CONCILIARES 2024

Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo

Alcalde-Presidente do Concello de Ares

 

Pódeche interesar...

Eventos

Samaín na Biblioteca

‘Unha biblioteca de medo’ é o nome que recibe a busca de pistas que se promoverá a vindeira semana en tres quendas distintas. Trátase dunha aproximación dos pequenos e

Eventos

Academia AresxSaúde

A Academia AresxSaúde coa coa seguinte relación de charlas.   8de NOVEMBRO, 19h. Antonio Rial Boubeta (Psicólogo): “Como promover un uso saudable, seguro e responsable