JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER:
En relación ás probas de funcionamento das sirenas de aviso do Plan de Emerxencias de Presas de Galicia que se levará a cabo mañá na Presa do Eume e afectará con sinais acústicas aos concellos de Ares, Cabanas, Fene e Pontedeume, trasladámoslle que:
Mañá xoves 22 de xuño, a partir das 12:00 horas, vaise realizar dita proba das sirenas da Presa do Eume, que no caso de producirse un incidente grave actuaría como elemento de aviso á poboación.
Esta proba vai servir para avaliar o seu correcto funcionamento así como dar a coñecer o seu son aos cidadáns.
Máis aló destes sinais acústicos, a actividade dos veciños/as non se verá afectada, e poden continuar coas súas actividades habituais.
Ares, 21 de xuño do 2023
O alcalde,
Fdo.: Julio Ignacio Iglesias Redondo