JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER:
O Concello de Ares quere facer participe á súa cidadaníadas incidencias no subministro de auga potable que está a sufrir a zona alta da parroquia de Caamouco, pois esta situación tense acentuado dun xeito preocupante nestas últimas semanas.
Antes de atoparnos nun contexto que suporía restriccións horarias e por zonas (Seselle, O Raso, Curmá, Mazaido, Carballás, Barracido, Ixobre, A Malata…) dende o Concello queremos adoptar unha serie de normas que eviten a toma posterior de medidas de maior calado.
E por iso, coma medidas correctoras e para evitar usos abusivos en horario diúrno, as seguintes actividades realizaranse a partir das 23:00 horas:
- Non regar horta e xardíns.
- Non encher piscinas nin depósitos.
- Non lavar vehículos, fachadas e baldeo de patios ou beirarruas.
- A posta de lavadoras ou lavalouzas en este horario.
- E todo o que poidamos deixar para un horario onde o consumo sexa menor.
Pola nosa parte, xa se tomaron medidas de vixilancia das perdas e fugas da rede e procederemos o corte de subministración onde existan avarías dentro do espazo privado.
Ares, 29 de xullo de 2022
O alcalde,
Asdo: Julio lgnacio Iglesias Redondo