A Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) informa no seu boletín dun fenómeno metereolóxico adverso por choivas que afectarán dende as primeiras horas da tarde deste martes, 8 de outubro, con nivel de alerta AMARELO, até o remate do mércores, 9 de outubro, onde se incrementa a alerta a LARANXA en toda Galicia.
Estímanse precipitacións acumuladas de 60 mm. en 12 horas e fortes refachos de ventos en toda a provincia, con intensidades que poden superar os 80 km/hora.
Prégase tomar medidas preventivas e, no caso de ser necesario, chamar a Emerxencias Galicia no 112.