JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FA/SABER
lnfórmase a todos/as os usuarios/as do Servizo Municipal de Augas do Concello de Ares que o vindeiro martes, 7 de xuño, procederase á interrupción temporal do subministro de auga potable desde as 8:00 horas ata a finalización das obras, necesarias e inevitables para a reparación dunha avaría na tubaxe que abastece a todo o casco urbano de Ares, Besoxo e Pedrós.
Debido á dificultarle do acceso e a complexidade da reparación non é posible cuantificar o tempo da reparación, repoñendo o subministro tan pronto sexa posible e tendo en conta que nas horas seguintes á reposición do subministro o agua pode presen ar algo de turbidez.
Coordináronse os traballos para esa data (festividade local) tratando de minimizar as molestias ocasionadas a unha gran parte do comercio local que ese día permanecerá pechado.
Rogamos desculpen as molestias, mais trátase dunha actuación urxente e necesaria para o correcto funcionamento do Servizo Municipal de Abastecemento
O alcalde,
Asdo. Julio Iglesias Redondo