
Nas últimas xornadas, comezou a progresiva instalación da nova senda de madeira, renovando un punto de acceso clave no emprego diario do areal e potenciando, unha vez finalice, a súa condición de motor socioeconómico polo interese turístico e mariñeiro que ten asociado. En última instancia, a eliminación de barreiras e a renovación de infraestruturas desta tipoloxía configurarán unha praia do Xuncal máis accesible e segura para veciñanza e visitantes.
O importe destes traballos, que se realizan en consonancia con renovacións previas executadas na contorna do Parque Rosalía, ascenden a 49.421,60 euros, sufragados entre o GALP Ártabro Norte e o Concello.