Último fin de semana para participar no DegustAres 2026

O DegustAres 2026 continuará durante esta próxima fin de semana! Será  o peche da ruta do pincho que propón a Concellaría de Comercio para dinamizar o consumo de proximidade e poñer en valor a gastronomía local. Ti elixes quen será a tapa gañadora das 10 propostas que se ofrecen! Lembra que é necesario valorar as […]

Campus de Verán do Celta en Ares: inscricións abertas

O Campus de Verán do RC Celta de Vigo regresa á vila para impulsar as habilidades futbolísticas da mocidade! Se estás interesado/a, lembra que as inscricións xa están abertas para quen desexe sumarse ó evento deportivo que recalará no campo municipal de Prados Vellos. Destínase a rapazada de entre 5 a 16 anos e realizarase […]

‘Quere o teu Mercado’, unha campaña á que se suma o Concello de Ares para dinamizar o consumo de proximidade no Mercado Municipal da vila

A Concellaría de Comercio adheriuse de novo a esta iniciativa da Xunta de Galicia destinada a promocionar e visibilizar a función dos mercados e prazas de abastos como espazos chaves na cotiandande, estimulando socioeconomicamente o tecido das vilas. Esta mesma mañá, programouse unha visita do alumnado de primaria do CPI As Mirandas ó Mercado de […]

A tradición do Voto de Chanteiro congrega un ano máis ás vilas de Ares e Mugardos

Co bo tempo a favor, os veciños e veciñas tanto aresáns coma mugarderes acudiro até a Ermida da Mercé para celebrar unha das tradicións máis antigas de todo o territorio da comarca: o Voto de Chanteiro 2026, a romaría que, nunha contorna privilexiada, xunta os ecos da historia coa festa popular. Ambos concellos facilitaron, coma […]

A última sesión da Academia AresXSaúde porá o foco na fibromialxia

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá esta charla divulgativa o vindeiro 29 de maio ás 20:00 h. impartida pola Asociación Fibro Visibles, centrada na divulgación desta doenza silenciosa que vén acompañada de fatiga crónica, problemas de sono, dificultade de concentración…   A Academia AresXSaúde, o programa municipal centrado na divulgación de hábitos saudables […]

O Concello desvela os horarios e tapas do DegustAres 2026

A ruta do pincho da Concellaría de Comercio arranca xa esta fin de semana! É o momento de prepararse para a quinta edición do DegustAres e saír a saborear as 10 tapas que atoparás na vila durante as xornadas do 23, 24, 30 e 31 de maio. Bota unha ollada aos horarios dos establecementos e lembra que é preciso valorar as tres […]

Contacontos e maxia para conmemorar o Día das Letras Galegas

Os máis pequenos da casa e as súas familias viviron nestes últimos días varios eventos culturais centrados en celebrar as Letras Galegas 2026 con palabras máxicas, ilusionismo e moito humor na Biblioteca Municipal de Ares. O mércores pasado chegou o contacontos ‘As letras que voan con nome de muller’: un xeito de achegarse de forma […]

Inscricións abertas para o Campus do Celta en Ares!

O técnico municipal de Deportes, Javier Sánchez, e tamén o do Departamento de Comunicación Institucional e Informática, Rubén Ozores, acudiron en representación do Concello até Vigo para participar no encontro de sedes dos Campus lúdico-formativos organizados polo RC Celta, unha iniciativa da que Ares forma parte dende os seus inicios. O encontro, mantido no estadio […]

Declaración institucional polo Día das Letras Galegas 2026

O Concello de Ares súmase, tras aprobar a adhesión na súa última sesión plenaria ordinaria, á declaración institucional da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para conmemorar o Día das Letras Galegas deste 17 de maio, un recoñecemento público á xornalista e escritora Begoña Caamaño, unha figura cunha vida e obra marcadas polo seu […]

Unha mirada á saúde mental e ao autocoidado de quen está ao carón das persoas dependentes: Ares comeza cos obradoiros de xestión emocional para coidadoras

A primeira sesión desta iniciativa impulsada polo Centro de Información á Muller (CIM) da vila, xunto coa Concellaría de Igualdade e Benestar, vén de realizarse esta mañá no municipio cun grupo de 16 participantes. O foco dos obradoiros, que terán continuidade con cinco sesións máis, porase no autocoidado de quen coida, un perfil claramente feminizado […]