A última sesión da Academia AresXSaúde porá o foco na fibromialxia

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá esta charla divulgativa o vindeiro 29 de maio ás 20:00 h. impartida pola Asociación Fibro Visibles, centrada na divulgación desta doenza silenciosa que vén acompañada de fatiga crónica, problemas de sono, dificultade de concentración… A Academia AresXSaúde, o programa municipal centrado na divulgación de hábitos saudables […]
O Concello desvela os horarios e tapas do DegustAres 2026

A ruta do pincho da Concellaría de Comercio arranca xa esta fin de semana! É o momento de prepararse para a quinta edición do DegustAres e saír a saborear as 10 tapas que atoparás na vila durante as xornadas do 23, 24, 30 e 31 de maio. Bota unha ollada aos horarios dos establecementos e lembra que é preciso valorar as tres […]
Ares e Mugardos desvelan os servizos de autobuses e programación para o Voto de Chanteiro de 2026

O Concellos de Ares e Mugardos veñen de informar da programación e servizos de autobuses que se impulsarán durante o martes, 26 de maio, dentro da tradicional celebración do Voto de Chanteiro, compartido entre ambos municipios. 10:00 horas: Saída de autobús de Franza, pasando por A Pedreira, Academia Mugardos e Chanteiro. 10:45 horas: Saída de […]
Contacontos e maxia para conmemorar o Día das Letras Galegas

Os máis pequenos da casa e as súas familias viviron nestes últimos días varios eventos culturais centrados en celebrar as Letras Galegas 2026 con palabras máxicas, ilusionismo e moito humor na Biblioteca Municipal de Ares. O mércores pasado chegou o contacontos ‘As letras que voan con nome de muller’: un xeito de achegarse de forma […]
Inscricións abertas para o Campus do Celta en Ares!

O técnico municipal de Deportes, Javier Sánchez, e tamén o do Departamento de Comunicación Institucional e Informática, Rubén Ozores, acudiron en representación do Concello até Vigo para participar no encontro de sedes dos Campus lúdico-formativos organizados polo RC Celta, unha iniciativa da que Ares forma parte dende os seus inicios. O encontro, mantido no estadio […]
Declaración institucional polo Día das Letras Galegas 2026

O Concello de Ares súmase, tras aprobar a adhesión na súa última sesión plenaria ordinaria, á declaración institucional da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para conmemorar o Día das Letras Galegas deste 17 de maio, un recoñecemento público á xornalista e escritora Begoña Caamaño, unha figura cunha vida e obra marcadas polo seu […]
Unha mirada á saúde mental e ao autocoidado de quen está ao carón das persoas dependentes: Ares comeza cos obradoiros de xestión emocional para coidadoras

A primeira sesión desta iniciativa impulsada polo Centro de Información á Muller (CIM) da vila, xunto coa Concellaría de Igualdade e Benestar, vén de realizarse esta mañá no municipio cun grupo de 16 participantes. O foco dos obradoiros, que terán continuidade con cinco sesións máis, porase no autocoidado de quen coida, un perfil claramente feminizado […]
As Letras Galegas 2026 en Ares: un programa cultural para toda a familia

O Concello de Ares presentou a programación especial das Letras Galegas 2026, unha edición dedicada á escritora e xornalista Begoña Caamaño, incluíndo dentro desta proposta lúdica un conxunto de actividades culturais e de lecer pensadas para todos os públicos, especialmente para o público infantil e familiar. As actividades comezarán o mércores 13 de maio cun contacontos […]
O Concello principia coa mellora integral de servizos e pavimentos na rúa María

Renovaranse ao completo a rede de saneamento, con problemas de obturación e lentitude de evacuación, e implantarase unha rede separativa de augas pluviais. Haberá igualmente melloras na infraestrutura de alumeado e de telecomunicacións. No tocante ós pavimentos, executarase unha renovación de calzada e beirarrúas, no marco da nova pavimentación da rúa, e humanizarase a contorna […]
Dez tapas participarán na quinta edición do roteiro de pinchos do Concello, o ‘DegustAres’

Durante as fins de semana do 23, 24, 30 e 31 de maio, a vila somerxerase nesta ruta de tapas para decidir que local terá a mellor proposta gastronómica. A iniciativa presentouse esta mañá no consistorio de Ares para debullar os diferentes premios destinados a establecementos e participantes. Ares volve irse de tapas neste […]
Puntos limpos móbiles instalados en Urb. Mariña do Pombal e Avda. Federico García Expósito

Os operarios do Concello instalaron a comezos da semana os puntos limpos móbiles nas contornas de Avenida Federico García Expósito e na Urbanización Mariña do Pombal para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! PUNTO LIMPO DE URB. MARIÑA DO […]
A Comisión de Festas de San Roque celebra en Ares a II Festa das Letras Galegas cunha xuntanza popular que inclúe música, gastronomía e actividades familiares

A Praza da Constitución acollerá o vindeiro sábado, 16 de maio, a segunda edición da Festa das Letras Galegas, unha iniciativa impulsada pola Comisión de Festas de San Roque coa colaboración do Concello de Ares e da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A programación comezará a partir das 13:00 horas cunha sesión vermú amenizada […]