Ares camiña polos primeiros compases de xullo da man do deporte
A área deportiva municipal arrancou entre este luns e hoxe toda a súa oferta para o período estival! O VeraneAres Deportivo 2024 iniciou así os seus xogos nas parroquias, mais tamén o Xuventude Verán Activo e os Campamentos Deportivos Urbanos, tres grandes programacións para que ninguén quede sen o seu oco para moverse e gozar […]
Prazas dispoñibles nos cursos da Casa da Xuventude destinados á rapazada
Se estás procurando algunha actividade onde o lúdico e a tecnoloxía se unen, a Casa da Xuventude Municipal oferta unha programación co foco posto no eido dixital, a robótica, a impresión 3D e a sensibilización en cuestións básicas como a ciberseguridade ou o coidado da saúde mental, tendo en conta o impacto das redes sociais […]
Venres, 21 de xuño, último día para formalizar o pago do ConciliAres 2024
A área de Servizos Sociais municipal lembra que mañá, venres, 21 de xuño, é o último día estipulado para formalizar o pago do ConciliAres 2024, o programa municipal de conciliación laboral e familiar. Se aínda non o fixeches, contacta canto antes cos seguintes números de teléfonos para informarte e coñecer o importe da túa cuota: […]
O SendAres 2023-2024 incorpora unha saída extraordinaria de dous días por Asturias
Durante as xornadas do 15 e 16 de xuño, o programa municipal trasladarase dende Galicia até a Serra do Sueve e senda costeira Queiruas-Canero por un prezo de 90 euros, pernocta e transporte incluídos. A área de Deportes abrirá as inscricións para empadroados/as o luns, 13 de maio, ás 18:00 horas, até o mércores, 15 […]
Adiado o Scape Room previsto para o 9 de maio
Segundo informa a Concellaría de Cultura, por motivos de saúde que imposibilitan á súa organización, adíase o Scape Room destinado á rapazada de 7 a 12 anos previsto para mañá, 9 de maio, ás 18:30 h. nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ares. Desculpen as molestias.
Xa dispoñible a 2ª Exposición Multidisciplinar de Fotografía na Casa da Xuventude
Até o 26 de maio, veciñanza e amantes da fotografía da zona poden desfrutar da mostra que promoven a Concellaría de Cultura e a Asociación de Fotografía de Ferrolterra no andar superior da Casa da Xuventude. Esta 2ª Exposición Multidisciplinar está composta por preto de 50 instantáneas dos membros da asociación ferrolterrá e supón unha […]
A Concellaría de Benestar organiza unha excursión até Portugal para a veciñanza
O sábado, 15 de xuño, os e as aresáns poderán visitar Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Fortaleza por un prezo de 30 euros que xa inclúe o xantar e o servizo de autobús. As inscricións para empadroados/as abren hoxe, 8 de maio, até o 16 deste mesmo mes, a partir do cal […]
Estudantado do CPI As Mirandas coñece as posibilidades da vela adaptada
Esta semana, a Concellaría de Deportes programou unha nova actividade que axuda a ver o deporte dende unha visión máis inclusiva, incorporando unha saída á ría guiados por Álvaro Illobre en embarcación adaptada para persoas con mobilidade reducida. A iniciativa, organizada dentro do programa europeo Sporural, contou coa colaboración de ADM Ferrol e o Club […]
Ares e Mugardos presentan a Montefaro Enduro Race 2024
A Copa de España de BTT organizarase o 18 e 19 de maio na contorna de Montefaro e volverá a ser unha cita de referencia na comarca para os amantes do enduro. Ao acto de presentación asistiron autoridades do Concello aresán e mugardés, representantes de Pulpeiros de Mugardos e tamén do Club de Remo de […]
Cortes de tráfico en Redes por mor da gravación dunha longametraxe en Redes o 8 de maio
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: Que o próximo día 8 de maio, mércores, nun horario aproximado de 8:30 h a 21:30 h., cortarase a circulación de tráfico rodado na contorna da Praza do Pedregal de Redes por mor da gravación dunha longametraxe de Zeta Cinema […]
‘Plan de rescate’, novo scape room na Biblioteca Municipal de Ares
O próximo xoves, 9 de maio, ás 18:30 horas, a rapazada de entre 7 a 12 anos enfrontarase a todo un reto: escapar da Biblioteca Municipal de Ares seguindo un percorrido de pistas e rescatar aos compañeiros e compañeiras que fiquen atrás. A Alianza Aresana converterase así no escenario dunha particular scape room que bebe […]
O deporte aresán continúa acadando novos éxitos
O Concello traslada os seus parabéns ao Numancia polo recente ascenso a Primeira Galicia 2023-2024 aínda con tres xornadas por diante, un logro que exemplifica o esforzo e a unión do equipo, mais tamén un modelo de club moi vencellado á vila, á súa canteira e ós aresáns. Tamén o noso veciño Hugo Martínez acadou […]