O aparcadoiro próximo á Reitoral estrea nova losa céspede, luminarias e un punto de carga de vehículos eléctricos
A intervención de mellora e adecuación, cun investimento próximo aos 60.000 euros asumidos entre os fondos municipais e a Xunta, deixan unha área de estacionamento con preto de 50 prazas. A Concellaría de Urbanismo dirixida por Olimpia Marcos vén de anunciar da finalización das obras que se estaban a realizar no aparcadoiro anexo a Cortiñas […]
O 12 de decembro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares!
Se estás interesado/a en facelo, lembra que tes que concertar a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 19:30 horas. Ten en conta que podes realizar a túa renovación ata 6 meses […]
A exposición fotográfica «Rostros da Memoria. Ferrol 1972» chega este venres a Ares.
Unha mostra que impulsa a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración coas asociacións culturais Fuco Buxán, Memoria Histórica Democrática e Memoria e Dignidade. A exposición está integrada por 28 retratos en branco e negro, primeiro plano e estilo sobrio, austero, minimalista e expresionista, obra do fotógrafo e académico Xurxo Lobato. A inauguración […]
A Agrupación de Protección Civil recibe novo material de comunicación
O presidente da Agrupación de Protección Civil de Ares, Marcial Díaz, xunto co coordinador, Carlos Rivera, recibiron o material o pasado venres na sede da Deputación. A Agrupación de Protección Civil de Ares, xunto con 20 agrupacións da provincia, resultou beneficiaria desta liña de axudas promovidas pola Deputación co propósito de impulsar a renovación de […]
Obradoiros de manualidades, un photocall da S.C. O Tilo, inchables, un concurso de cabazas, un espectáculo musical infantil, castañas asadas…
Formaron parte da ampla variedade de actividades organizadas o pasado sábado na pista deportiva do CPI As Mirandas, para desfrutar dos festexos do tradicional Samaín e do magosto. Unha xornada completa, nun ambiente do máis familiar e, por suposto, divertido e “terrorífico”. Estas son algunhas instantáneas que nos deixou o evento. Podes ver todo o […]
Volven as sesións de matronatación impartidas no Serviocio Complexo Acuático Do Castro Ares-Mugardos
Esta mañá deixounos as primeiras imaxes de matronatación, as sesións promovidas pola matrona do centro de saúde de Ares co apoio económico da Concellaría de Igualdade e Benestar que axudan a eliminar o impacto articular, diminuír dores corporais durante o embarazo e favorecer un desenvolvemento máis adecuado dos bebés. Estas foron algunhas das instantáneas da […]
Uns valentes aventureir@s, coas súas lanternas en man, enfrontáronse ás arañeiras e á escuridade e exploraron a Alianza Aresana!
O edificio no que se atopa a biblioteca municipal de Ares transformouse nun lugar algo máis escuro do normal para acoller o buscapistas terrorífico do Samaín, unha iniciativa inscrita dentro da programación cultural do Concello para estes días. Tanto nenos e nenas de 3 a 6 anos coma os de 7 a 11 percorreron a […]
Nas últimas semanas, o Concello fixo público o último documento promovido pola área de Medioambiente, o “Inventario e valoración da avifauna do concello de Ares”
Trátase dun estudo no que se poden atopar resultados interesantes para a localidade: Identificáronse 155 tipos de aves diferentes na contorna municipal, o que reforza a visión de Ares coma un lugar cunha riqueza ornicolóxica considerable. 6 especies relacionadas cos nosos espazos naturais están incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Delimitáronse 4 lugares de […]
Nas ribeiras de Cervás e Chanteiro aínda é posible atopar as lembranzas dos primeiros contactos co mar: mergullarse, pescar, baixar aos cantís ou bañarse nas calas de cantos rodados son algúns dos recordos que aínda perduran na memoria colectiva da veciñanza aresá.
Javier Domínguez Vilasánchez, pescador de ribeira, e César Pita Carretero, apaixonado da historia local e escritor de “Na ribeira das nosas vidas”, reviven conxuntamente como era o día a día nestes lugares de enorme valor simbólico. Descobre con eles unha historia sobre o noso litoral! Atoparás máis información do roteiro no perfil do Concello en […]
Pleno do día 31 de outubro 2022
Pleno do día 31 de outubro 2022 Descargar en pdf
Licitado o proxecto de rehabilitación das Escolas do Lago
A intervención reformará un edificio histórico dentro do casco urbano de Ares, inaugurado en 1955 baixo deseño do arquitecto Rodolfo Ucha e construído grazas ás achegas da Alianza Aresana de Instrucción. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 28 de novembro. O importe das obras será de 273.073,06 € con cargo ao […]
SAMAIN 2022
MÉRCORES, 02 de NOVEMBRO de 2022 Buscapistas terrorífico crianzas de 3 a 6 anos * 18:30 horas na Biblioteca municipal XOVES, 03 de NOVEMBRO de 2022 Buscapistas terrorífico nenos de 7 a 11 anos * 19:00 horas na Biblioteca municipal VENRES, 4 de NOVEMBRO de 2022 Contacontos terrorífico * Crianzas de 3 a 6 […]