Lembra que mañá sábado, día 12, o paseo marítimo de Ares, diante do Concello, acollerá ás 12 horas a inauguración oficial da exposición “Rostos da Memoria. Ferrol 1972”, un traballo fotográfico e artístico de Xurxo Lobato en homenaxe ás persoas vivas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras na cidade naval do ano 1972.

A exposición, que permanecerá neste espazo ata o 24 de novembro, está promovida pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co apoio das asociacións Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática. Mañá podes achegarte ao acto público de presentación, aberto a toda a veciñanza, que contará coa presenza de representantes municipais, e no que os […]

O proxecto CES para a xestión de colonias felinas en Ares estrea páxina en Facebook!

Se queres achegarte á iniciativa do CES (Captura, Esterilización e Solta), posta en marcha no noso municipio en 2016 e pioneira na contorna, e coñecer o traballo do voluntariado que forma parte do programa para o coidado e control da poboación felina en Ares, únete á súa recén creada páxina en facebook  (https://www.facebook.com/people/CES-Concello-de-Ares/100087765186793/) . Poderás […]

A exposición fotográfica «Rostros da Memoria. Ferrol 1972» chega este venres a Ares.

Unha mostra que impulsa a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol en colaboración coas asociacións culturais Fuco Buxán, Memoria Histórica Democrática e Memoria e Dignidade. A exposición está integrada por 28 retratos en branco e negro, primeiro plano e estilo sobrio, austero, minimalista e expresionista, obra do fotógrafo e académico Xurxo Lobato. A inauguración […]

A Agrupación de Protección Civil recibe novo material de comunicación

O presidente da Agrupación de Protección Civil de Ares, Marcial Díaz, xunto co coordinador, Carlos Rivera, recibiron o material o pasado venres na sede da Deputación. A Agrupación de Protección Civil de Ares, xunto con 20 agrupacións da provincia, resultou beneficiaria desta liña de axudas promovidas pola Deputación co propósito de impulsar a renovación de […]

Obradoiros de manualidades, un photocall da S.C. O Tilo, inchables, un concurso de cabazas, un espectáculo musical infantil, castañas asadas…

Formaron parte da ampla variedade de actividades organizadas o pasado sábado na pista deportiva do CPI As Mirandas, para desfrutar dos festexos do tradicional Samaín e do magosto. Unha xornada completa, nun ambiente do máis familiar e, por suposto, divertido e “terrorífico”. Estas son algunhas instantáneas que nos deixou o evento. Podes ver todo o […]

Nas últimas semanas, o Concello fixo público o último documento promovido pola área de Medioambiente, o “Inventario e valoración da avifauna do concello de Ares”

Trátase dun estudo no que se poden atopar resultados interesantes para a localidade: Identificáronse 155 tipos de aves diferentes na contorna municipal, o que reforza a visión de Ares coma un lugar cunha riqueza ornicolóxica considerable. 6 especies relacionadas cos nosos espazos naturais están incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Delimitáronse 4 lugares de […]

Nas ribeiras de Cervás e Chanteiro aínda é posible atopar as lembranzas dos primeiros contactos co mar: mergullarse, pescar, baixar aos cantís ou bañarse nas calas de cantos rodados son algúns dos recordos que aínda perduran na memoria colectiva da veciñanza aresá.

Javier Domínguez Vilasánchez, pescador de ribeira, e César Pita Carretero, apaixonado da historia local e escritor de “Na ribeira das nosas vidas”, reviven conxuntamente como era o día a día nestes lugares de enorme valor simbólico. Descobre con eles unha historia sobre o noso litoral! Atoparás máis información do roteiro no perfil do Concello en […]