O venres pasado, no marco da celebración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado do Reinicia IX recibiu unha formación da man do director, José Luis Castro Feijoo, e da avogada, María Dolores Castro González, do Centro de Información á Muller (CIM) de Ares.
Na Alianza Aresana, o persoal do Concello afondou no funcionamento do CIM e na súa misión, que non é só traballar con vítimas de violencia de xénero, senón tamén brindar atención específica ás mulleres nos eidos xurídico, psicolóxico ou laboral, sempre dende a confidencialidade e a privacidade das consultas. Ademais, tamén falaron doutros servizos e […]
Durante a fin de semana pasada, o casino aresano converteuse no centro de xogo do XIV Open Concello de Ares de Dominó, enchéndose de xogadores deste evento organizado por Xabre e a Federación Galega de Dominó coa colaboración da área municipal de Deportes.
A proba promoveuse ao longo da xornada do sábado e, no tocante á clasificación xeral por grupos, saldouse co equipo de Xabre A coma gañador, obtendo o primeiro posto. Noelia Montero, edil de Deportes, e Luis Cendán, en representación do Concello, formalizaron a entrega de premios e trasladaron os parabéns aos galardoados. Estas foron algunhas […]
XVII CARREIRA POPULAR DE FIN DE ANO
Mugardos – Ares – Mugardos 18 de decembro Saída ás 11:00 horas dende o Pavillón do Cristo de Mugardos. As inscricións poden realizarse ata o 13 de decembro telematicamente a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, no apartado adicado á proba, cun custe de 4 euros por corredor/a. HORARIO: Saída ás 11 da mañá do pavillón […]
Os concellos de Ares e Mugardos presentan a XVII Carreira Popular de Fin de Ano
O consistorio mugardés acolleu esta mesma mañá o acto oficial de presentación na que os representantes municipais desvelaron a data de organización do xa tradicional evento deportivo: será o domingo, 18 de decembro ás 11:00 horas. As inscricións poden realizarse ata o 13 de decembro telematicamente a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, no apartado adicado […]
Perdas de Auga na Rede de Abastecemento
En cumprimento do establecido na Disposición adicional segunda da Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario, resulta necesario publicar a porcentaxe de perda de auga na rede de abastecemento do Concello de Ares: Año Porcentaje de pérdidas en la red […]
A emigración aresán protagoniza o novo especial do Consello da Cultura Galega
A modo de homenaxe e recoñecemento, o especial “Historias de Ida e Volta” difunde a corrente de migración dos pescadores e mariñeiros da ría de Ares na illa de Cuba desde mediados do século XIX. A emigración mariñeira de Ares cobra especial relevancia a través das 20 fotografías e dos textos que debullan parte da […]
Ares contra a Violencia de Xénero
Todo o goberno local de Ares sumouse nestas datas ás reivindicacións do venres, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; unha xornada que reclama a fin de toda violencia machista e que procura unha sociedade máis xusta, baseada na igualdade de xénero. Tamén durante estas noites o consistorio amosará unha […]
A concelleira de Urbanismo de Ares, Olimpia Marcos; o director do Instituto de Estudios do Territorio (IET), Enrique de Salvador, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, supervisaron o resultado das dúas obras que se acometeron na contorna da parroquia de Lubre, centradas na mellora do impacto paisaxístico no lavadoiro de Bulleiro e no Local de Ensaio próximo á igrexa románica.
Nese senso, o Concello aresán acometeu estas rehabilitacións a través da liña de axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que aportou fondos económicos superiores ós 30.000 euros para o impulso do “fermosismo galego”. Así, no Local de Ensaio de Lubre renovouse o exterior do edificio co obxectivo de acadar a maior integración […]
O camiño de subida a Barracido dende Marina do Pombal estrea nova pavimentación
A Concellaría de Urbanismo anunciou hoxe o remate das obras de pavimentación no tramo entre a saída da urbanización de Marina do Pombal, aproximadamente, ata o cruce en dirección Rodelas e Solaina. A intervención repuxo o pavimentado que presentaba un tratamento de triple reglo en mal estado, co principal obxectivo de mellorar a comunicación interna […]
CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 2022
1 de decembro do 2022 ao 31 de xaneiro do 2023 BASES DE PARTICIPACIÓN 1- OBXETO: O obxeto destas bases, é a participación de todas aquelas persoas en calidade de clientes ou consumidores que desexan participar no pobo de Ares co fin de apoiar, ao comercio e á súa hostalería local. 2- PROCEDEMENTO: O Concello […]
A Concellaría de Comercio organiza a terceira edición do “MercAres” co foco posto na dinamización do consumo de proximidade
93 negocios aresáns súmanse á iniciativa do Concello para fomentar a compra na hostalería e comercios locais. Desenvolverase, coma anteriores edicións, do 1 de decembro de 2022 ao 31 de xaneiro de 2023 distribuíndo aproximadamente 280 vales-rascas e 5.000 euros en premios. O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, e a concelleira de Comercio, Lucía […]
O Concello xa conta cun vehículo propio que actuará coma punto móbil para mellorar o tratamento de residuos especiais
O novo vehículo facilitará a recollida de calzado, roupa, pilas e baterías, pequenos electrodomésticos ou aceites minerais e vexeitais en toda a contorna aresán. A partir de agora, o punto limpo móbil rotará por diferentes puntos do concello para achegar o seu servizo directamente á veciñanza, incluídas as parroquias. O alcalde de Ares, Julio Ignacio […]