Arrancan os traballos que permitirán contar cunha área de calistenia no parque Rosalía

Tras a instalación, a veciñanza poderá desfrutar dunha infraestrutura para a práctica deportiva ó aire libre, atendendo  unha demanda constante por parte dos deportistas locais. Nestes últimos días, a Concellaría de Deportes vén de informar do inicio das obras relacionadas co parque de calistenia que adquiriu a institución local, unha estrutura que se está instalando […]

Este sábado pasado tivemos a primeira das actividades da programación municipal do Nadal en Ares! A peza teatral “Unha obra para un barrio”

Escrita e dirixida por Agustín Bolaños, chegou á Alianza Aresana da man da asociación sociocultural de Canido Muíño. Embaixo atoparedes algunhas das fotografías que nos deixou a súa representación! Con todo, lembra que hoxe, 5 de decembro, preto das 17:30 horas, producirase a segunda iniciativa da Concellaría de Cultura: “Ilumina os teus desexos” no Parque […]

NADAL ARES 2022-2023

Organizan:  Concellaría de Cultura – Concellaría de Deportes e Xuventude DÍPTICO en  pdf

Xa coñecemos aos gañadores do VI Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares!

O salón de actos da Alianza Aresana encheuse onte para entregar os premios do certame fotográfico organizado pola área de Cultura; unha iniciativa que serve para extraer as 6 instantáneas que forman parte do calendario municipal de 2023, presentado no mesmo acto. Así, de entre as aproximadamente 80 instantáneas que optaron ó concurso, o xurado […]

Hoxe mesmo, 1 de decembro, dá comezo o noso MercAres!!

Os locais xa teñen os seus carteis e os vales rascas, que os identificarán coma negocios adheridos a esta campaña que desexa promover o consumo de proximidade. Unha iniciativa que xa alcanza a súa terceira edición, promovida dende a Concellaría de Comercio, e que serve para… … apoiar ó pequeno comercio e hostalería de Ares, […]

Lista definitiva de admitidos e excluidos para a Praza Auxiliar Administrativo/a Intervención-Tesourería

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Publicado no Xornal Diario de Ferrol do día 14 de novembro do 2022 o extracto da convocatoria para a provisión da seguinte praza: 1 Auxiliar Administrativo/a de Intervención-Tesourería, contrato de sustitución temporal, Persoal Laboral polo sistema de Concurso-Oposición libre, e rematado o prazo de presentación de solicitudes, esta Alcaldía, en uso das […]

Nova convocatoria do Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade para mulleres desempregadas dos concellos de Ares, Cabanas, Cedeira, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol vén de recibir da Xunta de Galicia unha nova edición do Programa Integrado de Emprego (PIE) de Galicia. O organismo autonómico, xunto co Servizo Público de Emprego Estatal, financian esta convocatoria que vai dirixida a mulleres empadroadas nos concellos de Ares, Mugardos, Fene, Cabanas, Cedeira, Narón, Neda […]

Servizos Sociais pon en marcha as axudas económicas para os agasallos de Nadal 2022

Poderán concorrer a esta liña de apoio todas aquelas familias que estean empadroadas e residan en Ares cunha antigüidade de 6 meses e que conten cun menor beneficiario que non tivera cumpridos os 17 anos na festividade de Reis. Estableceranse uns baremos onde se terán en conta os ingresos das unidades familiares, co foco en […]