Camiños escolares seguros: unha nova proposta de mobilidade para que o peón gañe terreo no núcleo urbano de Ares
A Concellaría de Urbanismo formula dous proxectos relacionados entre si e que aportarán maior seguridade para veciñanza e crianzas no seu acceso ao colexio e ao pavillón polideportivo municipal. Os proxectos, xa adxudicados, actuarán sobre os treitos que conectan o paseo marítimo coa rúa Real e esta mesma vía co CPI As Mirandas. Entre os […]
Inspección Técnica de Ciclomotores en Ares
O xoves, 2 de febreiro, a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase á nosa contorna municipal. Atoparase na Praza da Igrexa do núcleo urbano, en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas, e de tarde, de 15:15 a 18:00 h. Será necesario solicitar cita previa contactando vía telefónica co 902 30 90 […]
O Concello adxudica a renovación de servizos e pavimentos na rúa San Xosé
A intervención, que conta cun investimento próximo ós 170.000 euros asumidos entre Concello e a Deputación, mellorará a rede de saneamento, pluviais e abastecemento, ademais de executar obras no alumeado, electricidade e telecomunicacións. Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, incluíu a actuación “dentro da liña de renovación e humanización municipal de moitas das rúas de Ares, […]
Hoxe deixamos os últimos locais que nos quedaban por coñecer coma participantes do MercAres!
En total, 93 negocios que debullamos nas últimas semanas e que exemplifican a colaboración do pequeno comercio e hostalería na campaña aresán; unha colaboración e un compromiso que agradecen dende a Concellaría de Comercio para facer posible esta iniciativa de consumo sostible. Lembra que, ata o 31 de xaneiro, só por mercar nos establecementos de […]
Ares adxudica o proxecto de rehabilitación do segundo edificio das Escolas do Lago
Investiranse 273.073,06 euros para reformar unha infraestrutura histórica do casco urbano da localidade, inaugurada en 1955 baixo deseño do arquitecto Rodolfo Ucha. A renovación será integral (cubertas, tabiquería interior, pavimentos, electricidade, aseos, pintura…), seguindo o realizado na outra edificación das Escolas do Lago. O Concello vén de informar hoxe da recente adxudicación da reforma do […]
Continúa a recepción de manuscritos para o “I Premio Novela Curta Alén Concello de Ares”
Dende novembro e ata o 15 de maio, o Concello está a recibir os textos participantes no primeiro certame literario da área de Cultura que desexa pór en valor a migración dende novas perspectivas, seguindo o camiño trazado dentro do Ares Indiano. A iniciativa, en colaboración coa editorial Hércules de Ediciones, insta ós escritores/as a […]
Nestas vacacións de Nadal, seguro que moit@s desfrutaron dos bares e restaurantes de Ares coas amizades, a familia e compañeiros!
E seguro que tamén puideron acceder a algún dos vales-rascas que lles proporcionaron dende o tecido hostaleiro da nosa vila, ese que decidiu sumarse ó MercAres durante decembro e xaneiro. Por iso, para recoñecer a súa participación, hoxe achegamos 13 dos 35 rostros que atopamos dentro da categoría de “Hostalería” da campaña do Concello para […]
A Concellaría de Comercio vén de lembrar a licitación de 3 postos no mercado municipal, no marco de dinamización deste espazo chave para a oferta de produtos de proximidade en Ares
A presentación de propostas está activa para toda persoa que desexe desenvolver algunha actividade nun dos postos licitados, mais non poderá coincidir con ningunhas das que xa existen na actualidade: freiduría/bar, peixaría, venda de produtos gourmet e tenda de ultramarinos. As propostas deberán presentarse a través do Rexistro Xeral do Concello en horario de luns […]
Ampliación do prazo para inscribirse no Programa Integrado de Emprego de Galicia (PIE)
A última edición do PIE, dirixido a mulleres en situación de desemprego empadroadas nos concellos de Ares, Mugardos, Fene, Cabanas, Cedeira, Narón, Neda e Valdoviño vén de ampliar o seu prazo de inscricións ata este venres, 13 de xaneiro, a través da Mancomunidade. O Programa Integrado de Emprego de Galicia busca mellorar a inserción laboral […]
Ares recoñece o esforzo e logros de Hugo Martínez Cortizas
O salón de plenos do consistorio acolleu durante o sábado, 7 de xaneiro, o acto institucional para homenaxear a Hugo Martínez Cortizas, subcampión galego de baile deportivo en 2022, presidido polo alcalde do municipio, Julio Ignacio Iglesias Redondo. Rodeado de compañeiros/as de baile, amizades e familia, que lle trasladaron todo o seu apoio e cariño, […]
Os Reis Magos puxeron fin ó Nadal en Ares
A nosa localidade foi un dos lugares que visitaron Melchor, Gaspar e Baltasar para coñecer os desexos da mocidade! Durante a tarde do xoves pasado, os Reis Magos saudaron e achegáronse a quen estivese agardando pola súa chegada nas parroquias e tamén no núcleo urbano de Ares, onde fixeron a súa recepción oficial, tronos e […]
Onte, mércores, e o martes mesmo, a mocidade de 3 a 12 anos parou na biblioteca municipal de Ares para xogar, explorar as súas instalacións e ir na procura dos Reis Magos!!
Dúas actividades que lembran o peche da programación de Nadal do Concello, que se oficializará hoxe á tarde coa cabalgata das súas Maxestades de Oriente. Con lanternas na man e bregando contra a escuridade, estas foron algunhas instantáneas que nos deixaron os máis pequenos na Alianza Aresana!