A Alianza Aresana acolleu esta mesma mañá a charla informativa do programa “La Administración cerca de Ti”, promovido pola Subdelegación do Goberno de España na Coruña cun obxectivo moi claro
Facilitar á veciñanza dos concellos máis pequenos a realización de trámites telemáticos coa Administración General del Estado (AGE) sen desprazarse. As funcionarias e funcionarios achegáronse ata Ares para informar sobre algún dos elementos da administración electrónica, como é o caso da carpeta cidadán ou o propio concepto das credenciais dixitais (Cl@ave, certificado electrónico), o recurso […]
Preto de 2.800 persoas achegáronse ao longo do ano pasado á Casa da Xuventude para socializar, xogar, formarse ou ver arte
O Concello vén de publicar hoxe o balance anual do edificio público cos datos que atinxen a 2022, un documento no que se recolle o fluxo de visitantes dende xaneiro ata decembro. Os picos de maior número de visitantes déronse nos meses de xullo e agosto, coincidindo co momento onde Ares recibe ao turismo estival, […]
AVISO Servizo de Augas 01/02/2023
Comunicamos a todos os usuarios que maña xoves, día 2 de febreiro, debido a TRABALLOS NA REDE XERAL DE ABASTECEMENTO, a zona de Barracido poderá verse afectada por baixadas de presión ou incluso algunha vivenda podería quedar sen subministro, dende o inicio das obras, previsto ás 9.00 horas, ata a finalización das mesmas. O servizo […]
O MercAres pecha oficialmente a súa terceira edición
A campaña de consumo de proximidade da Concellaría de Comercio vén de rematar no día de onte! Despois de dous meses de actividade, a iniciativa municipal para impulsar o comercio de Ares nunhas datas de relevancia, co Nadal mediante, pecha de maneira oficial. Así, durante decembro e xaneiro repartíronse 5.000 euros divididos en aproximadamente 280 […]
Ata este venres, 3 de febreiro, podes inscribirte no simposio internacional “Apuntando ao mar” que organiza a Deputación da Coruña coa colaboración dos concellos de Ares, Ferrol e Valdoviño.
Unha experiencia única para aprender sobre as defensas costeiras do territorio comarcal ao longo da historia, e tamén sobre os seus vencellos co patrimonio, a paisaxe, o medioambiente e o turismo! As inscricións, abertas a todo o público, son de balde a través da páxina web www.apuntandoaomar.com. O simposio realizarase durante as xornadas do 9, […]
O Concello organiza dous cursos presenciais na Casa da Xuventude para aprender informática básica e nocións de ofimática
Cada un contará con dúas sesións á semana de hora e media de duración, en horarios de mañá ou tarde en función da dispoñibilidade dos inscritos/as. Os grupos serán de 12 persoas máximo e partirase dun prezo de 21,75 euros para os adultos e 14, 50 euros para os menores. As persoas interesadas xa poden […]
Pleno do día 30 de xaneiro 2023
Pleno Municipal Sesión ordinaria Descargar en pdf
O Concello vén de instalar o punto limpo móbil na contorna de Cortiñas Gil, no núcleo urbano de Ares, ao longo da mañá de hoxe!
Alí estará a disposición da veciñanza toda a semana, para despois dirixirse a Redes. Así, o servizo volve a estar operativo tras verse afectado por contratempos técnicos, alleos ó concello, na xestión dos contedores máis delicados, coma é o caso dos relacionados cos aceites minerais e vexetais ou os pequenos electrodomésticos, que se encheron xa […]
A Concellaría de Deportes organizou onte outra das rutas de sendeirismo adiadas polo mal tempo!
O itinerario, que forma parte do SendAres, recuperouse con toda a climatoloxía a favor para redescubrir a beleza das praias de Doniños-Prior e achegarse ós restos das baterías que defendían o Golfo Ártabro; antigas fortificacións que lembran a relevancia militar do territorio que protexían. Se queres participar no programa de sendeirismo municipal que fai posible […]
Arrancan as obras que materializarán o proxecto básico de nave para embarcacións, vestiarios e ximnasio do Club de Remo de Ares
Tras os traballos de cimentación e preparación do chan, agora comeza unha intervención coa que se construirá unha edificación aproximada de 400 metros cadrados (300 na planta baixa e 100 nun primeiro andar), solventando as necesidades para a estiba de embarcacións de banco fixo e os entrenamentos do equipo de remo aresán. O Concello vén […]
Se queres obter un certificado electrónico para relacionarte coas administracións públicas, tes unha oportunidade durante o venres, 3 de febreiro, ás 11:30 horas na Alianza Aresana!
Varios funcionarios e funcionarias da Subdelegación do Goberno de España na Coruña estarán alí para resolver as túas dúbidas sobre a administración dixital, pero tamén para tramitar in situ o certificado da Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre, o que maiores posibilidades de interación ofrece co conxunto das entidades públicas. A iniciativa é parte […]
O próximo xoves, 2 de febreiro, desprazarase ata Ares a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores!
Situarase na Praza da Igrexa da vila cun horario de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 h. Se estás interesado/a, solicita cita previa contactando vía telefónica co 902 30 90 00 ou a través da páxina web https://www.sycitv.com/es/