Queres aprender a manexar un ordenador dende o máis fundamental (como se move un ratón, que hai no escritorio, como navegar por Internet…)? Ou quizais comezar a deseñar presentacións e usar follas de cálculo no teu día a día?

Tes a posibilidade de facer todo isto nos cursos que promove o Concello na Casa da Xuventude, na súa Aula CeMIT, ambos coas inscricións xa abertas! O primeiro deles, o Curso de informática básica, achega unha visión global dos elementos esenciais dentro do ordenador. Serve como primeiro contacto coa tecnoloxía, orientado ademais a cuestións prácticas […]

Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 14 de febreiro, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores de lixo habituais. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes.

ENTROIDO 2023

Mércores 22 de febreiro Plaza da Costitución, en caso de choiva, na pista exterior do CPI As Mirandas A partires das 17h Área de xogos xigantes Parque de inchables Obradoiro de tatuaxes Photocall Música ambiente Reparto de chocolate e orellas Sorteos de agasallos Queima do entroido Colaboran: SC O Tilo, Grupo de gaitas Aresán e […]

O Mosteiro de Santa Catalina acollerá esta semana a presentación de “En la falda de la bailadora”, un libro para recuperar parte da memoria de Ares

O acto celebrarase o sábado, 18 de febreiro, ás 18:30 horas, coa participación do alcalde da localidade, Julio Iglesias, e representantes da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina. A obra, publicada ao abeiro da colaboración permanente coa Deputación da Coruña, garda dentro do seu texto as mencións á receita gastronómica do millo corvo […]

Ares, representada na Asamblea Anual da Asociación de Municipios Indianos do Norte

As concelleiras Alma Barrón e Lucía Blanco asistiron esta mañá á reunión da rede de municipios indianos da que forma parte Ares dende 2020; unha asociación integrada por sete localidades cun excepcional legado de orixe indiana que suma esforzos para construír unha experiencia de turismo cultural de primeiro nivel. Esta asamblea anual produciuse en Ribadeo, […]