O Concello abre mañá o prazo de inscrición para a sexta ruta do SendAres 2022-2023
A iniciativa municipal organizará unha saída ata Meirás e a Praia de Ponzos de 19 quilómetros, incluíndo unha parada no alto do Pico da Vela, unha atalaia perfecta para contemplar a paisaxe. As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 18:00 horas de mañá, venres 24 de febreiro, con 25 prazas habilitadas e un prezo […]
Lembra que hoxe, ás 18:00 horas na biblioteca municipal de Ares, atoparás á compañía Migallas Teatro coa súa actuación “Orella Pendella”!
Unha sesión de narración oral con música en directo para que as familias con nenos e nenas de 6 meses a 6 anos poidan divertirse aprendendo ditos infantís e cancións populares galegas.
Vaqueiros, piratas, pikachus, personaxes de avatar, algunha princesa… o mércores de cinza pasou en Ares cos pequenos e pequenas coma protagonistas do Entroido!
Polas previsións metereolóxicas, celebrouse nunha pista cuberta do CPI As Mirandas que se encheu de persoas dispostas a desfrutar dos xogos, da música, das orellas e, en definitiva, da esencia mesma da tradicional festa galega. A boa nova: que o tempo permitiu queimar o entroido na praia urbana de Ares para despedir a xornada. Coa […]
CAMIÑA POLA IGUALDADE!
– 11 de Marzo – Saídas e chegadas dende a Praza da Constitución – Elixe o teu percorrido e inscríbete RUTA 1: Andaina / 8 kms aprox / 10:00h Cuhan dificultade media-baixa, é un itinerario que discurre pola costa de Ares e Lubre, para logo regresar á vila. Nesta ruta permitense mascotas! / Só para […]
As inscricións para sumarse a Camiña pola Igualdade xa están habilitadas!!
E participar nalgunha das dúas andainas que se promoven o sábado, 11 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Muller é totalmente gratuíto! Só tes que encher o formulario que atoparás na páxina web municipal, www.concellodeares.gal. Anímate e camiña para reivindicar o percorrido e o que queda por percorrer en materia de igualdade de […]
Ares celebra os éxitos dos deportistas do Club de Tenis da localidade
O próximo sábado, 25 de febreiro, ás 12:00 horas, a Alianza Aresana acollerá o acto de recoñecemento institucional aos máis de 60 deportistas do Club de Tenis de Redes que acadaron campionatos galegos durante a anualidade pasada! Polos éxitos obtidos nas súas categorías de alevín, junio/cadete ou veteráns, os e as tenistas recibirán a homenaxe […]
Ares camiñará pola igualdade para conmemorar o Día Internacional da Muller
O sábado, 11 de marzo, o Concello organizará 2 itinerarios en colaboración co tecido asociativo da vila coma un acto de celebración do 8M. As dúas rutas arrancarán e terminarán na Praza da Constitución, onde se lerá un manifesto que faga fincapé no longo camiño percorrido, e o que queda aínda por percorrer, en materia […]
Mañá temos Entroido en Ares!!
Mais as previsións metereolóxicas obrigan a desprazar o evento dende a Praza da Constitución á pista cuberta exterior do CPI As Mirandas. Lembra que haberá unha área de xogos xigantes, o parque de inchables, photocall, música, un bo chocolate quente, orellas, obradoiro de tatuaxes… e, sobre todo, moi bo ambiente para desfrutar da festa! Achégate […]
Orella Pendella, unha sesión de narración oral con música en directo, chega a Ares este mesmo xoves
A Concellaría de Cultura, en colaboración coa Deputación da Coruña a través da súa Rede Cultural, organiza unha actuación para as familias con nenos e nenas dende os 6 meses aos 6 anos. Trátase de “Orella Pendella”, un evento fundamentado na narración oral que inclúe música en directo e que se producirá na tarde do […]
O punto limpo móbil xa está á disposición da veciñanza en Pedrós para que se depositen os residuos de tratamento especial!
Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos. Coa chegada de marzo, o itinerario anual prevé que se instale en Barracido, Cervás, Mazote e Mariña do Pombal.
Quinta ruta do SendAres completada!
Os excursionistas que se animaron a participar no programa municipal de sendeirismo achegáronse onte á contorna de Eume-Eirís para desfrutar dunha agradable xornada de deporte. Arrancaron dende o Museo Etnográfico da Capela e dirixíronse ao Mosteiro de Caaveiro, incluíndo no seu itinerario un tramo do Camiño dos Encomendadeiros. Logo continuaron o descenso para chegar ao […]
Nun marco espectacular —a cociña do Mosteiro de Santa Catalina—, o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias; a presidenta da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, Celsa Formoso, e Rita Peinado, autora do limiar da obra, presentaron durante a xornada do sábado a reedición de En la falda de la Bailadora, publicada polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña.
O volume, escrito polo finado veciño Carlos Rodríguez Cartelle, permite recuperar parte da historia de Ares; aquela que fala dos espazos, das paisaxes, das festas, dos patróns, da gastronomía característica da nosa localidade… Unha historia do pobo aresán que sae á luz e que se pon a disposición da veciñanza coma unha mostra do esforzo […]