O Club de Montaña de Ferrol organiza un evento deportivo e de natureza denominado “I Andaina Costa de Bezoucos”, que permitirá aos amantes do deporte explorar a costa dos municipios de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos nun itinerario circular de 30 quilómetros pola península de Bezoucos.

O percorrido, que terá lugar durante a xornada do  22 de abril e partirá desde a praia de Madalena en Cabanas, incluirá unha camiñada por un tramo de Fene, a costa de Ares desde Redes ata Chanteiro e finalizará en Mugardos, antes de regresar a O Seixo. A actividade, calificada desde a organización como de […]

O Servizo Municipal de Augas lembra que vén de habilitar unha nova opción máis rápida e sostible para recibir as facturas da auga en formato PDF por correo electrónico.

Se estás interesado/a en deixar de recibir facturas en papel, só debes contactar a través do correo electrónico servizo.augas@concellodeares.com e indicar un correo electrónico no que recibir a túa factura. Este novo método non só é máis rápido e cómodo, senón que tamén é unha medida sostible que nos axuda a reducir o impacto no […]

Lembra que aínda tes a oportunidade de presentar o teu manuscrito ao “I Premio Novela Curta Alén Concello de Ares”, xa que a convocatoria permanece aberta ata o 15 de maio.

Anímate a preparar a túa obra literaria e participar nesta iniciativa promovida pola Concellería de Cultura e Hércules de Edicións. O obxectivo do certame é poñer en valor a migración galega desde novas perspectivas, especialmente aquela que ocorre alén do mar, aínda que se aceptan obras que traten sobre calquera outra migración do mundo. É […]

O Concello lembra que está aberto o prazo para a presentación das declaracións de interese na adquisición de nichos e columbarios da primeira fase do novo cemiterio municipal que se construirá no lugar de Rega de Fraga, en Lubre

O proceso para a presentación das declaracións estará activo ata o 30 de xuño. Para realizar o trámite, existe a posibilidade de facelo nas oficinas do rexistro municipal, de maneira presencial (só particulares) ou través da sede electrónica municipal (tanto particulares como entidades). A reserva dos nichos e columbarios realizarase por rigorosa orde de inscrición […]

O club de lectura municipal coordinado polo equipo da Biblioteca volveu reunirse na tarde do pasado venres, desta volta para falar sobre a obra “A bailarina de Auschwitz” de Edith Eger.

Esta agrupación lectora púxose en marcha xusto antes da pandemia co obxectivo de fomentar a lectura e o intercambio de opinións entre os membros, e desde entón celebran reunións mensuais para comentar a obra seleccionada e compartir as súas impresións e reflexións. A obra escollida para esta sesión é unha novela inspirada en feitos reais, […]

A unidade móbil de doazón de sangue visita Ares o martes 4 de abril

DOA SANGUE #sumateaonosoequipo Non esperes a que se esgote DOA SANGUE súmate ás máis de 3.000.000 de doazóns. Grazas En ARES, o Mércores, 28 de decembro, UNIDADE MÓBIL AO CARÓN DE “EL PEZ ROJO” (Avda. Saavedra Meneses) de 10:00 a 14:30 e 16:00 a 21:00 horas Para doar sangue hai que almorzar e despois de […]

Durante a xornada do xoves, 30 de marzo, e deste venres, 31, a nosa vila acolleu unha carreira solidaria organizada polo CPI As Mirandas!

A rapazada de primaria e secundaria, dividida entre os dous días, percorreu o núcleo urbano para obter fondos que se destinarán a SaveTheChildren, a oenegué internacional que traballa polos dereitos dos nenos e nenas no mundo. Na actualidade, é un dos principais organismos que desenvolven programas vencellados coa saúde infantil, a nutrición, a atención en […]