Sétima ruta do SendAres completada!

Onte, ao redor de vinte sendeiristas achegáronse á beleza dos cantís de Cedeira no marco do sétimo itinerario promovido pola concellaría de Deportes. Os excursionistas que se animaron a participar no programa municipal de sendeirismo aproximáronse á contorna de Cedeira para desfrutar dunha agradable xornada de deporte e natureza. A ruta circular levou aos sendeiristas […]

O teatro regresa á escola infantil da Galiña Azul de Ares!

A escola da Galiña Azul acolleu esta semana unha sesión de teatro infantil para que os máis pequenos poidan coñecer e gozar das cores que lles rodean a través de diferentes elementos sensoriais. A compañía Trémola Teatro chegou co seu espectáculo « Leo e as cores» para que os nenos e nenas axudasen a Leo, […]

III CONCURSO DE MICRORRELATOS

DÍA DO LIBRO. 23 ABRIL 2023 Dende o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o III Concurso de escritura creativa de Microrrelatos. A través del podedes deixar voar a vosa imaxinación e trasladarnos a vosa creatividade. O concurso consistirá en crear un microrrelato de tema libre […]

O Club de Montaña Ferrol organiza a “I Andaina Costa de Bezoucos”, un percorrido de 30 quilómetros pola costa dos municipios de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos

O evento deportivo, que se desenvolverá o próximo 22 de abril, foi presentado oficialmente onte na alcaldía do Concello de Ares, co Presidente do Club de Montaña Ferrol, Xan Ramírez, ao fronte, para dar a coñecer todos os detalles desta iniciativa que hibrida deporte e natureza ao longo de 30 quilómetros da península de Bezoucos, […]

Excursión a Portugal

D. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTEFAI SABER: QUE O DÍA 03 DE XUÑO DE 2023 ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A PORTUGAL, VISITANDO A FEIRA DE VILANOVA DE CERVEIRA E FORTALEZA. PRAZO DE INCRIPCIÓN: ATA O 26  DE MAIO DE 2023 . LUGAR DE INSCRIPCIÓN: DEPARTAMENTO SERVIZOS SOCIAIS (ANTIGO […]

O Concello de Ares volve organizar unha excursión!

Nesta ocasión, o destino é Portugal, visitando os pintorescos pobos de Valença, Vila Nova de Cerveira e a Fortaleza. A data da saída é o 3 de xuño e a concellaría de Benestar encárgase da organización. O prezo da viaxe é de 25 euros, con comida e autobús incluídos. As prazas son limitadas. Se estás […]

O Punto Limpo Móbil atópase dende hoxe mesmo instalado en Seselle!

Lembra que permanecerá alí toda a semana. Poderás achegarte para depositar nel os teus residuos domésticos especiais tales como pilas, lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos, roupa ou aceites, entre outros. Tras esta ubicación, o Punto Limpio Móbil continuará co seu itinerario mensual polos lugares de Besoxo e Chanteiro

A Xefatura Territorial da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade informa das solucións para os desvíos temporais nos servizos de transporte público afectados polas obras do Ministerio de Transportes na Avenida das Pías de Ferrol, que surtirán efecto a partires do 11 de abril.

As liñas que conectan Ferrol con Pontedeume, Betanzos, A Coruña, Santiago e Vigo accederán directamente á AP-9 desde a estación de autobuses. O resto das liñas engaden no novo percorrido paradas na avenida de Esteiro, na rúa Telleiras e na avenida Castelao, ademais da parada Mercado Recimil nas liñas que teñen cabeceira na praza de […]

O Concello rehabilitará o lavadoiro de A Torre en Cervás

Ares rehabilitará o lavadoiro de A Torre, en Cervás, tras ver confirmada una subvención da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Así o informou a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, unha vez que o Concello vén de recibir por parte do Instituto de Estudos do Territorio a concesión dunha axuda por importe de […]

Exposición pública do censo electoral

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL En relación coa convocatoria de Eleccións Locais 2023 o que terán lugar o vindeiro 28 de maio, o prazo de CONSULTA PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL SERÁ DO 10 DE ABRIL AO 17 DE ABRIL DO […]