As vinte mulleres que forman parte do programa “Muller Dixital” iniciaron hoxe a súa formación na Casa da Xuventude
O Concello de Ares puxo hoxe en marcha o programa “Muller Dixital”, unha iniciativa destinada a mellorar as competencias dixitais de mulleres desempregadas ou en situación de mellora de emprego. O programa que se impartirá durante varias semanas na Aula CeMIT da Casa da Xuventude conta tres cursos gratuítos, cada un con 40 horas de […]
Non esquezas que hoxe, 2 de maio, é o comezo da exposición Galicia en Foco na Casa da Xuventude de Ares
O evento, organizado polo Club de Prensa de Ferrol en colaboración co departamento municipal de Cultura, recala en Ares cunha selección das mellores fotografías do fotoperiodismo galego durante o ano 2022. Esta mesma tarde quedou inaugurada coa presenza de Xoán Rubia en representación do Club de Prensa de Ferrol, a presidenta do club, Xulia Díaz, […]
Aprobados contratación laboral temporal de dúas prazas de peóns forestáis APROL RURAL 2023
ANUNCIO: CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE DUAS PRAZAS DE PEONS FORESTAIS APROL RURAL 2023. APROBADOS: 1.- JUAN ANGEL FERNANDEZ MARTINEZ. 2.- FRANCISCO JAVIER MUÑIZ SOMAVILLA. ARES, 2 DE MAIO DE 2023. O PRESIDENTE DO TRIBUNAL, ACTA en pdf
Aprobación lista provisional de Admitidos e Excluidos, designación tribunal no proceso para a provisión en réxime laboral temporal, de 2 prazas de subalterno do PEL
RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 18 de abril do 2023, sobre “APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE DOUS SUBALTERNOS (PLAN INTEGRADOR DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS DA EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL) Publicado anuncio da Convocatoria no Diario […]
A Alianza Aresana acolleu na tarde de hoxe, día 28 de abril, o acto de entrega de premios do III Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, organizado polo Concello de Ares e o CPI As Mirandas, que contou cun total de 106 participantes, divididos en dúas categorías, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.
Os gañadores nas respectivas modalidades foron Valeria Villares Otero con “A nena pantasma” e Leo de Navas Rodríguez con “A vida soñada”. Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook. Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Así, Elia Toribio García con “A praia”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; […]
Na mañá de hoxe, o club de lectura municipal reuniuse para comentar a obra “O ceo é azul, a terra branca” da autora xaponesa Hiromi Kawakami. A sesión foi moderada polo equipo técnico da Biblioteca, quen dirixiu a discusión ao redor da obra e os seus principais temas.
Durante a reunión, o grupo debatiu sobre os personaxes da novela, as súas personalidades e relacións interpersoais, así como sobre a maneira en que a autora aborda temas como a soidade, a identidade e a amizade. Tamén se discutiu sobre o estilo de escritura de Kawakami e como este afecta a forma en que o […]
Estas son algunhas imaxes que nos deixou a celebración da Semana do Libro na Biblioteca Municipal!
Os máis pequenos deixaron voar a súa imaxinación escoitando a narración de asombrosos contos e expresaron a súa creatividade artística e literaria a través das manualidades. Unha forma divertida para inspirar ás xeracións futuras a seguir lendo e explorando novas historias e aventuras! Anterior Siguiente Anterior Siguiente
Se es amante do cine e a música en directo lembra que este domingo hai un evento en Ares que non te podes perder
A proxección da película “El Chico” con música en vivo de Fran Rey. O evento desenvolverase na Alianza Aresana a partir das 19.00 horas. Será unha experiencia cultural única e enriquecedora, non deixes pasar a ocasión de asistir!
Non esquezas que o prazo para apuntarse nos talleres infantís de reciclaxe empeza hoxe mesmo, venres 28 de abril, ás 15:00 horas!
Os talleres, “Ramas Literarias” e “Cadriños feitos con Refugallo de Praia”, dirixidos a nenos/as de 7 a 12 anos, son gratuítos e levaranse a cabo o próximo 6 de maio na praza da Consitución, pero as prazas son limitadas e require reserva previa. Será unha excelente ocasión para que os máis pequenos poidan aprender sobre […]
A exposición Galicia en Foco mostrará en Ares unha antoloxía das mellores imaxes do fotoperiodismo galego
A Casa da Xuventude de Ares acollerá desde o vindeiro martes, día 2 de maio, a exposición Galicia en Foco, unha antoloxía de medio cento de imaxes que se contan entre as mellores fotografías publicadas en medios de comunicación galegos durante o ano 2022. A mostra corresponde á 31 edición do certame que convoca o […]
Lembra que o prazo de inscrición para o roteiro 8 do SendAres (Etapas Camiño Primitivo) abriu esta mesma mañá.
Para reservar unha das 25 prazas dispoñibles, debes acceder ao formulario telemático que atoparás na páxina web municipal, no apartado dedicado ao programa de sendeirismo. O itinerario promovido pola concellería de Deportes está deseñado para o seu desenvolvemento durante dúas xornadas, o sábado 20 e domingo 21 de abril, e ten un custo de 65 […]
O Club Marítimo de Redes organiza este sábado, 29 de abril, unha charla sobre os cetáceos en Galicia
Baixo o título “Candorcas e outros cetáceos en Galicia: Compartimos o mar”, o biólogo Alfredo López, da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), compartirá o seu coñecemento e paixón por estes incribles animais que habitan nas nosas costas. O mar é o fogar natural destes maxestosos animais, e desde fai miles de anos, […]