A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra realizou unha visita ao Obradoiro de Emprego ‘Reinicia IX’ co obxectivo de achegar a realidade das persoas xordas aos alumnos-traballadores do taller, especializados en ‘Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes’.

Durante a visita de onte, a presidenta da asociación e profesora de lingua de signos, Teresa Gallo, ensinou ao alumnado nocións básicas de lingua de signos e explicou que é unha persoa xorda. O encontro tamén serviu para difundir o servizo de voluntariado que se leva a cabo desde a asociación. Ambas as partes puideron […]

Aprobación lista provisional de Admitidos e Excluidos, designación tribunal no proceso para a provisión en réxime laboral temporal, de 2 prazas de subalterno do PEL

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 18 de abril do 2023, sobre “APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE DOUS SUBALTERNOS (PLAN INTEGRADOR DE OBRAS E SERVIZOS MÍNIMOS MUNICIPAIS DA EXCMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL) Publicado anuncio da Convocatoria no Diario […]

A Alianza Aresana acolleu na tarde de hoxe, día 28 de abril, o acto de entrega de premios do III Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, organizado polo Concello de Ares e o CPI As Mirandas, que contou cun total de 106 participantes, divididos en dúas categorías, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.

Os gañadores nas respectivas modalidades foron Valeria Villares Otero con “A nena pantasma” e Leo de Navas Rodríguez con “A vida soñada”. Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook. Tamén recibiron premios os segundos clasificados de cada categoría, neste caso un lote de libros. Así, Elia Toribio García con “A praia”, quedou finalista na modalidade “Primaria”; […]

Na mañá de hoxe, o club de lectura municipal reuniuse para comentar a obra “O ceo é azul, a terra branca” da autora xaponesa Hiromi Kawakami. A sesión foi moderada polo equipo técnico da Biblioteca, quen dirixiu a discusión ao redor da obra e os seus principais temas.

Durante a reunión, o grupo debatiu sobre os personaxes da novela, as súas personalidades e relacións interpersoais, así como sobre a maneira en que a autora aborda temas como a soidade, a identidade e a amizade. Tamén se discutiu sobre o estilo de escritura de Kawakami e como este afecta a forma en que o […]