COIDADOS PORTA A PORTA
SERVIZOS Estimulación da memoria Podoloxía Audioloxia Levamos servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia. Prestamos servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria. Percorremos os concellos para que os maiores poidan permanecer coidados na súa contorna. INFORMACIÓN E CITA PREVIA Teléfonos: 622 748 283 – 623 546 992 Email: […]
Colle a axenda e toma nota para sumarte aos eventos do municipio dos próximos días!
Venres 9: Ás 18 horas, no paseo marítimo, fronte ao Concello, o Club de Remo realizará a presentación da plantilla que competirá na Liga LGT, ademais de homenaxear á súa canteira. Pon as cores do Club e achégate! Ás 20 horas, na Alianza Aresana, levarase a cabo un recital de acordeón a cargo de Iago […]
Esta fin de semana toda a localidade ten unha cita ineludible coa tradición e a arte efémera!!
As alfombras florais regresan a Ares, xa dende a tarde-noite do sábado, que arrancará a súa confección, ata o domingo, coa procesión. Anímate a botar unha man e a vivir unha das celebracións con maior identidade do noso municipio!
O Concello executará un investimento de 195.000 euros para a mellora dos vestuarios do Campo de Fútbol de Prados Vellos
O Concello logrou obter unha subvención de 140.000 euros para levar a cabo un importante proxecto de investimento no Campo de Fútbol de Prados Vellos. O obxectivo deste investimento, que ascende a un total de 195.000 euros, é intervir no edificio de vestiarios para a mellora da eficiencia enerxética na súa envolvente e, parcialmente, nas […]
Non esquezas que o prazo para inscribirte no último roteiro do programa de sendeirismo municipal, SendAres, está a piques de finalizar. O día 11 de xuño é a data límite para apuntarse, e as prazas son limitadas. Quedan poucas prazas dispoñibles!
Este roteiro levarate a percorrer a costa do Golfo Ártabro, desde Ares ata Chanteiro. Será unha experiencia incrible, cun percorrido de 14 quilómetros e un nivel de dificultade media-baixa. Ademais, o prezo da actividade, establecido en 8 euros, inclúe o transporte de volta a Ares desde Chanteiro, seguros e servizos de guía. Anímate a participar […]
Inicio das obras de rehabilitación do Lavadoiro de a Torre en Cervás
A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, informou hoxe que se deron comezo ás obras de rehabilitación do lavadoiro público de A Torre, situado na parroquia de Cervás. Esta iniciativa municipal conta coa axuda económica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través dunha subvención tramitada polo Concello ante o Instituto de Estudos […]
Ares acollerá a XV Edición do Campus Chiquibásquet
A concelleira de Deportes, Noelia Montero, e Chiqui Barros, do Campus, presentaron un ano máis a tradicional iniciativa centrada na formación en baloncesto para os mozos e mozas de 5 a 18 anos. Organizarase do 31 de xullo ao 4 de agosto, en horario de tarde, de 18 a 21:30 horas, no pavillón deportivo municipal […]
Listaxes de admitidos e de agarda do programa ConciliAres 2023
Achegamos As catro listaxes das quincenas de Xullo e Agosto do Programa, tendo tres días naturais para posibles reclamacións. Remarcar a gran demanda deste servizo, en torno as 70 solicitudes por cada quincena , sendo 40 prazas finalmente por quincena. Así mesmo, se habilitarán as listaxe de agarda, dando dez días de confirmación por quincena […]
Empezan as obras de revestimento de vestiarios no Complexo Deportivo de Pedrós
A Concellaría de Urbanismo anunciou o inicio dos traballos de revestimento exterior dos vestiarios no complexo deportivo de Pedrós. Esta actuación, proxectada pola administración local, ten como obxectivo mellorar o aspecto estético do edificio, así como facilitar o seu mantemento, e reducir a posibilidade de vandalismo, ademais de acadar unha notable mellora en termos de […]
Lembra que podes solicitar cita para podoloxía, audolioxía ou estimulación cognitiva na próxima visita de “Coidados porta a porta” a Ares.
A unidade móbil deste servizo asistencial para maiores de 55 anos, que promove a Xunta co apoio dos concellos, estará na Avenida Saavedra Meneses (altura do “Pez Rojo”) os días 19, 20 e 21 de xuño. Solicita consulta a través dos 622748283 e 623546992, ou do mail coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
Xornadas de Teatro Clásico no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro
A Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, coa colaboración do Concello de Ares, organiza unhas Xornadas de Teatro Clásico que se levarán a cabo no histórico Mosteiro de Santa Catalina durante o mes de xuño. Estas xornadas, que teñen como obxectivo principal promover o teatro clásico e achegar obras mestras aos residentes e […]
BANDO: Exposición pública censo electoral Eleccións a Cortes Xerais 2023
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL En relación coa convocatoria de Eleccións a Cortes Xerais 2023 e que terán lugar o vindeiro 23 de xullo, o prazo de EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL SERA DO 5 DE XUÑO DO 2023 O […]