Ares deseña unha nova Actividade Deportiva no marco do Proxecto Europeo Sporural
A Concellería de Deportes do Concello de Ares, en colaboración co CPI As Mirandas, o Club Marítimo de Redes (sección kaiak) e a empresa de turismo activo Kapitrek, desenvolveu onte dunha actividade deportiva na natureza deseñada especificamente para os estudantes de 3º de ESO. Esta iniciativa inscríbese no proxecto Erasmus deportivo coñecido como SPORURAL, que […]
Hoxe é o día en que debemos despedir o noso VeraneAres 2023!
Deixamos atrás un verán cheo de actividades e unha gran afluencia de público. E como peche desta intensa tempada, presentámoste as opcións dispoñibles no noso municipio para a fin de semana: as dúas actuacións que forman parte do Festival de monicreques “Entes Animados” e a programación preparada pola Comisión de Festas da Mercé para celebrar […]
Ares prepárase para a XVI edición de “Móllate Polos Ríos”
O prazo de inscrición nesta xornada de concienciación ambiental, que conta co apoio do Concello e a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, segue aberto. O evento levarase a cabo o próximo domingo, 24 de setembro, e ten como obxectivo principal limpar os ríos locais e crear conciencia sobre a contaminación e deterioración […]
BANDO: interrupcións na subministración de electricidade co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 25 de setembro, de 0:00 a 2:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van […]
María Rivas visita Ares para dar a coñecer a nova convocatoria de Rural TIC
A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, desprazouse onte ata o Concello de Ares, para dar a coñecer e pór en valor a nova convocatoria de Rural TIC que pon en marcha o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana para impulsar a dixitalización social e económica nos concellos de menos de 10.000 habitantes. […]
O Punto Limpo Móbil atópase dende hoxe mesmo instalado no Mazote!
Aproveita esta localización para coidar da nosa contorna e desfacerte dos teus residuos domésticos especiais de maneira correcta! Lembra que alí poderás depositar elementos como pilas, lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos, roupa ou aceites, entre outros.
Hoxe, ás 19:00 horas, o Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro será o escenario dunha charla titulada “Seselle: Un Bosque Fósil, un Castelo e un Ameneiral”
Presentada por Celsa Formoso, coa colaboración de Lorenzo Capllonch, Carlos Galindo e Javier Rosado. Este evento, servirá para trasladarnos ao bosque fósil de Seselle, que se formou hai uns 10.000 anos e rexurdiu grazas ás mareas vivas, ofrecendo unha visión que só se pode experimentar durante o equinoccio de outono. Amais, poderemos explorar os vestixios […]
Pascual Gimeno Montalar gaña a Décimo Sexta Edición do Premio de Pintura Manuel Rebón- Concello de Ares
A mostra coas obras presentadas ao certame poderase visitar no CIRS de Cervás desde mañá, mércores 20, ata o 30 de setembro O premio de 1.400 euros á mellor das obras presentadas á décimo sexta edición do certame de pintura Manuel Rebón-Concello de Ares foi para o valenciano Pacual Gimeno Montalar, por “La Pasarela”. Así […]
Aviso de recollida de enseres
Lembramos que esta mesma noite do martes, 19 de setembro todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.
Bases do proceso selectivo para a formación dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de Persoal Laboral como Oficial de 1ª Do Servicio Municipal de Abastecemento de Auga.
1.– OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto da convocatoria é a formación du ha bolsa de traballo para realizar contratació n laboráis temporais ou nome ament os interinos nos postos de Oficial de 1 ª do Servicio Municpal de abastecemento de Auga. do Concello de Ares, tanto a xornada completa como parcial. A presente selección regula […]
BANDO: interrupcións na subministración de electricidade durante ese intervalo de tempo por traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 22 de setembro, de 0:00 a 02:00, e de 2:00 a 4:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e […]
Ares acolle o V Festival Internacional de Entes Animados
A veciñanza aresán poderá desfrutar de dúas actuacións realizadas por artistas e compañías internacionais, primeiro na Alianza Aresana e logo no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro, nas xornadas do 22 e 23 de setembro respectivamente. O venres, 22, e o sábado, 23 de setembro, Ares converteranse nun dos anfitrións do Festival Internacional de Entes Animados […]