Ares contra a Violencia de Xénero
O Concello de Ares únese nestes días ás reivindicacións do sábado, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; unha xornada que demanda o fin de toda forma de violencia machista e que busca unha sociedade máis xusta, fundamentada na igualdade de xénero. Así mesmo, durante estas noites, o consistorio exhibirá […]
A xornada de portas abertas da nova actividade +70, impulsada pola Concellería de Benestar do Concello de Ares, foi todo un éxito esta mañá, coa participación de máis de 20 persoas!
Deseñada para promover hábitos saudables entre os maiores de 70 anos, a actividade +70 ofrece un enfoque integral que inclúe educación física, psicoloxía, alimentación e fisioterapia. Durante a xornada, os participantes viviron de preto as distintas disciplinas que conforman esta iniciativa. A partir de agora, a actividade +70 levarase a cabo todos os venres, de […]
O GALP GOLFO Ártabro NORTE, do que forma parte o Concello de Ares, programa este martes 27, na Alianza Aresana, outra sesión das xornadas informativas “Pescamos ideas”, sobre o programa de axudas dos Fondos Europeos FEMPA 2021-2027.
Se eres unha persoa autónoma, pequena e mediana empresa ou asociación, cun proxecto en marcha, que contribúa ao desenvolvemento da localidade ou a poñer en valor os produtos pesqueiros, non faltes! A cita dará comezo ás 19.00 horas.
Finalizadas as Obras para a Recuperación do Camiño de As Salgueiras en Chanteiro
A Concellaría de Urbanismo anunciou a finalización dos traballos para a recuperación e posta en valor do camiño das Salgueiras en Chanteiro. Segundo explicou a concelleira Olimpia Marcos, esta obra trátase dunha “importante intervención para resaltar a beleza do litoral da enseada da praia de Chanteiro, que permite a conexión entre o areal e o […]
O 19 de decembro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares!
Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057, de luns a venres, no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade.
Bases do Proceso Selectivo para a Formación dunha Bolsa de Traballo para realizar Contratacións Laborais Temporais ou Nomeamentos Interinos de Persoal como Traballador/a Social.
Convocatoria bolsa traballador/a social EDICTO Aprobadas na Xunta Local de Goberno do día 30 de outubro de 2023 as Bases do proceso selectivo para a forma- ción dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal como traballador/a social así como á vista de que durante o ano 2023 a […]
O Concello de Ares, a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Servizos Sociais, organiza unha xornada formativa centrada na problemática da violencia de xénero e a súa vinculación co sistema educativo.
Este evento levarase a cabo o vindeiro luns, 27 de novembro, na Alianza Aresana, con sesións tanto en horario de mañá como de tarde. A actividade conta cun programa integral que consta de 4 relatorios e 1 mesa redonda, a cargo de profesionais especializados nos ámbitos social e xurídico, con formación específica en igualdade e […]
Lembra que ao longo deste período, séguese recibindo manuscritos para o “II Premio Novela Curta Alén Concello de Ares”. A convocatoria permanece aberta para a recepción de textos literarios ata o 10 de maio.
A Concellaría de Cultura e Hércules de Edicións son os impulsores deste certame, cuxo propósito é destacar, desde novas perspectivas, a migración galega, principalmente de alén mar, aínda que poida facer referencia a calquera parte do mundo. Aínda que o fenómeno migratorio non ten que ser o eixo central da novela, si debe formar parte […]
O Concello Abre este xoves o Prazo de Inscrición para a cuarta Ruta do SendAres 2023-2024
A iniciativa municipal organizará unha saída ata o río Mandeo de 14 quilómetros, incluíndo unha camiñada por unha das zonas con máis variedade de vexetación da provincia, as Fragas do Mandeo As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 10:00 horas deste xoves 23 de novembro, con 25 prazas habilitadas e un prezo de 20 […]
Completada a terceira ruta do SendAres!
O domingo un grupo de vintecinco sendeiristas mergullouse no Val do Dubra, participando no terceiro itinerario organizado pola Concellaría de Deportes en colaboración con Kapitrek. A ruta circular de 14 quilómetros, que tivo o seu punto de partida en Bembibre, levou aos participantes por paisaxes pintorescas, destacando a presenza de bosques de carballo común e […]
Convocatoria proceso selectivo creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes, vacacións, reforzo extraordinario e servizos ou ausencias que se poidan dar no posto de oficial de 1ª para o servizo de obras
Convocatoria proceso selectivo creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes, vacacións, reforzo extraordinario e servizos ou ausencias que se poidan dar no posto de oficial de 1ª para o servizo de obras ANUNCIO: CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVEN- TUAIS VACANTES, VACACIÓNS, […]
O punto limpo móbil xa está dispoñible en Lubre para a recollida de residuos especiais!
Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado. Coidemos do medio ambiente depositando os nosos residuos de forma responsable e promovendo a sustentabilidade da nosa comunidade.