Hoxe conmemoramos o nacemento dunha das voces literarias máis importantes de toda Galicia, esa que iluminou a nosa cultura dende o século XIX e que aínda pervive na actualidade: Rosalía de Castro, a gran poeta e autora de Cantares Galegos.
O Concello súmase ao Día de Rosalía que se celebra este 23 de febreiro e lembramos a súa figura, fundamental para comprender a identidade dos galegos e galegas!
O 14 de marzo poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares!
Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade.
Os versos de Cantares Galegos cobraron nova vida co ukelele de Antón Ké!
Onte a veciñanza gozou da súa actuación no salón de actos da Alianza Aresana, no marco da celebración do Día de Rosalía de Castro 2024 que promove a Concellaría de Cultura. Unha efeméride que homenaxea a unha das poetas máis universais da literatura galega cada 23 de febreiro, lembrando a súa pegada no que somos […]
A rapazada de 4º da ESO do CPI As Mirandas, en contacto directo co deporte inclusivo
A mocidade aresá experimentou esta mañá de primeira man como é desprazarse en cadeira de rodas, xusto como ten que facer calquera compañeiro ou compañeria con mobilidade reducida no seú día a día. Trátase dunha actividade realizada polo Concello, no marco da iniciativa europea SPORURAL ERASMUS +, xunto coa colaboración do aresán Álvaro Illobre e […]
O Concello de Ares colabora na homenaxe a Andrea López Chao, a impulsora do Hospital Hijas de Galicia da Habana, no 150 aniversario do seu nacemento e no centenario da fundación do hospital.
Este domingo, 25 de febreiro ás 18:00 horas, a Agrupación Instrutiva de Caamouco acollerá unha programación materializada pola Comisión Organizadora da Homenaxe a Andrea López Chao. Haberá proxección de audiovisuais e charla-coloquio con: Patricia Ares Muzio, doutora en Psicoloxía na Universidade da Habana e bisneta de Andrea López Chao. Maria Xosé Porteiro, xornalista e escritora. […]
Aprobación da listaxe definitiva de admitidos/excluídos e designación tribunais calificadores no proceso de estabilización para cubrir as prazas vacantes no cadro de persoal do Concello de Ares relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal publicadas no BOP número 100 do venres 27 de maio de 2022 e no BOP número 101 do Luns 30 de maio de 2022
RESOLUCIÓN ALCALDÍA Aprobación da listaxe definitiva de admitidos/excluídos e designación tribunais calificadores no proceso de estabilización para cubrir as prazas vacantes no cadro de persoal do Concello de Ares relativas ao proceso de estabilización de emprego temporal publicadas no BOP número 100 do venres 27 de maio de 2022 e no BOP número 101 do […]
Listaxe Definitiva De Aspirantes Seleccionados/as Por Concellos E Listaxe De Reserva do Proceso Selectivo Para A Selección Para A Selección Do Persoal Docente Da Especialidade SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais do Proxecto de Obradoiro Dual de Emprego “Reinicia X” promovido polos Concellos de Mugardos, Ares e Fene
ANUNCIO CONCELLO DE MUGARDOS PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE DA ESPECIALIDADE SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS DO PROXECTO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA X” DO CONCELLO DE MUGARDOS (SEGUNDA CONVOCATORIA) LISTAXE DEFINITIVA DE ASPIRANTES SELECCIONADOS/AS POR CONCELLOS E LISTAXE DE RESERVA De conformidade co establecido nas Bases reguladoras […]
O punto limpo móbil xa está instalado en Lubre, na contorna da igrexa románica
Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
Ares homenaxea a Rosalía de Castro e os seus Cantares Galegos baixo o ritmo do ukelele
A programación municipal polo Día de Rosalía chegará mañá, mércores 21 de febreiro, ao salón de actos da Alianza Aresana coa actuación de Antón Ke ás 18:00 horas. A localidade súmase así á celebración dunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego, a que lembra a pegada da poeta galega na nosa sociedade. A […]
Coa súa dose de espectacularidade, un dos mellores bosques conservados da provincia da Coruña despregouse durante a xornada de onte ante a ollada dos camiñantes do Sendares, o programa municipal de sendeirismo da Concellaría de Deporte.
Preto de 25 participantes exploraron a Ribeira do Río Sor, en Mañón, e gozaron da paisaxe máis próxima serpenteando polas ladeiras do monte. 14 quilómetros de natureza, de tranquilidade e práctica deportiva que tamén deixamos para a lembranza aquí embaixo. #ViveoDeporteViveAres!!
A exposición Galicia en Foco xa está dispoñible para toda a veciñanza
A concelleira de Cultura da localidade, Alma Barrón, inaugurou o venres pasado a colección fotográfica, que estará en Ares até o 29 de febreiro no último andar da Casa da Xuventude. Veciños e veciñas poderán achegarse en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h., os martes, xoves e venres, e […]
Proceso Selectivo Para A Selección Para A Selección Do Persoal Docente Da Especialidade SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais do Proxecto de Obradoiro Dual de Emprego “Reinicia X” promovido polos Concellos de Mugardos, Ares e Fene
ANUNCIO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE DA ESPECIALIDADE SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS DO PROXECTO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA X” DO CONCELLO DE MUGARDOS (SEGUNDA CONVOCATORIA) O Tribunal que xulga o proceso selectivo de docente da especialidade SSCS02008 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, […]