Nova data para a proxección ao aire libre da película ‘Salta’!

O ciclo de cine de verán da Concellaría de Cultura, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, arrancará este domingo, 21 de xullo, ás 22:30 horas nas Escolas do Lago, despois de reprogramar a primeira sesión por mor da climatoloxía adversa. A veciñanza poderá desfrutar dunha comedia familiar dirixida por Olga Osorio e […]

Punto limpo móbil instalado en Besoxo

O punto limpo móbil do Concello xa está á disposición da veciñanza na contorna de Besoxo durante toda esta semana para que se depositen os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado; e pequenos electrodomésticos.  

20 embarcacións sumáronse á XXX Regata General Gabeiras

Durante esta fin de semana pasada, a ría converteuse en espazo deportivo coa XXX Regata General Gabeiras-XVI Trofeo Audi-Autogándara, unha iniciativa que xa conta con trinta anos de antigüidade e que supón unha das grandes citas para o Club Náutico Ría de Ares. O evento aglutinou a 20 embarcacións, reforzando o prestixio da cita para […]

Comeza a nova edición do Campus de Verán da Fundación Celta en Ares

O campo municipal de Prados Vellos acollerá toda esta semana as súas sesións de mellora técnica, que logo se ampliarán a seguinte máis coa modalidade específica de porteiros, a gran novidade neste 2024. O evento deportivo expón as relación estables entre a Fundación Celta, a Federación Galega de Fútbol en Ferrol, o Concello e o […]

Música para render homenaxe ao legado do aresán Gildo Illobre

Na tarde de onte, domingo, 14 de xullo, a Igrexa Parroquial de Ares encheuse pola VII Homenaxe Musical a Gildo Illobre, un evento que se celebra ano tras ano co desexo de lembrar a fonda pegada do noso veciño en Ares e na comarca, falecido en 2015.  A súa paixón pola música aínda continúa viva […]

Antonio Seijas presenta o seu último poemario, Os oito mitos de Palermo, na súa vila natal

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá a presentación literaria o próximo venres, 19 de xullo, ás 20:00 horas, coa presenza de Seijas, Andrea Maceiras, escritora, e Alma Barrón, concelleira de Cultura. Amais da conversa arredor do poemario, haberá unha actuación musical a cargo da violoncellista Emma Urango. O artista, ilustrador, debuxante e escritor […]

Resultado probas de aptitude física auxiliar Policía Local 2024

ACTA COMISIÓN SELECCIONADORA Reunidos no Concello de Ares, sendo as 09,30 horas do día 10 de xullo de 2024, as Sras/Sres. ó marxe indicados, coa finalidade de proceder á contratación de 3 auxiliares de policía local durante un periodo de 3 meses (xornada completa). Presidente: D. Angel Rodriguez Calviño Secretaria: Dª Isabel Margharetto Rodriguez Vocais: […]

Cancelada a sesión de cine de verán ‘Salta!’ por mor da choiva

Dende a Concellaría de Cultura informan que a sesión de cine de verán prevista para hoxe, xoves, 11 de xullo, ás 22:30 h. vén de cancelarse por mor das condicións climatolóxicas, que inclúen previsións de choiva. A proxección de ‘Salta!‘ pospóñese así á xornada do domingo, 21 de xullo. Desculpen as molestias.

Ares presenta a Festa do Arroz con Garrafón

A iniciativa contará co especialista paelleiro José Aira, que fará un arroz nunha paella xigante de case dous metros de diámetro con ingredientes que aluden a unha frase do veciño Ramón Rey, alcumado ‘Garrafón‘ e falecido en 1982: ‘Por terra, mar e aire e por debaixo do auga!”. O Concello e a Comisión de Festas […]

Móvete VeraneAres: zumba e bailes latinos de balde e ao aire libre

Se estás interesado en facer deporte ao aire libre, amais de bailar ao compás de ritmos alén do mar, bota unha ollada a esta información. O Concello organiza durante todo o mes de xullo e a primeira quincena de agosto sesións gratuítas de zumba e bailes latinos na Praza da Constitución de Ares, actividades sen […]

Coñecemento da lingua galega Auxiliares da Policía Local 2024

ACTA COMISIÓN SELECCIONADORA Reunidos no Concello de Ares, sendo as 09,00 horas do día 9 de xullo de 2024, as Sras/Sres. ó marxe indicados, coa finalidade de proceder á contratación de 3 auxiliares de policía local durante un periodo de 3 meses (xornada completa). Presidente: D. Angel Rodriguez Calviño Secretaria: Dª Isabel Margharetto Rodriguez Vocais: […]