Itinerario De Móvete pola Igualdade

A Organización da marcha pedestre “Móvete pola Igualdade” vén de anunciar o percorrido do evento, uns 3,5 quilómetros que rodean o núcleo urbano de Ares, comezando e finalizando na Praza da Igrexa. A actividade arrancará o 12 de marzo sobre ás 11.30 horas, mais haberá previamente un quentamento grupal e unha lectura de manifesto a […]

Visita ao Centro Dramático Galego (CDG) de Compostela!

Esta fin de semana, unhas case 40 veciñas e veciños achegáronse a Santiago para ver o espectáculo “A Peste”, a adaptación teatral da novela de Camus dirixida e asinada por Cándido Pazó. A iniciativa, organizada entre a Concellaría de Cultura e o Centro Dramático Galego, promoveu a accesibilidade ao teatro sufragando tanto o desprazamento coma […]

Arrancan os traballos para renovar a iluminación das áreas de Redes e Ares

A actuación permitirá mellorar notablemente en termos de eficiencia enerxética, substituíndo as actuais luminarias por unhas novas de tipo LED. Contan cun orzamento de 320.128,71 euros, repartidos entre fondos municipais e o Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), e supoñen unha das últimas obras relacionadas coa modernización enerxética da vila O núcleo […]

Súmate a “Móvete pola Igualdade”!

A marcha pedestre promovida dende as Concellarías de Deportes e Igualdade e Benestar levarase a cabo o 12 de marzo, mais se estás pensando en participar, xa podes inscribirte telematicamente na nosa páxina web municipal. O evento é totalmente de balde e permitirá celebrar e reivindicar a inclusión igualitaria da muller na sociedade a través […]

23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

Hoxe conmemoramos o nacemento dunha das poetas centrais da nosa literatura! A autora de Cantares galegos ou Follas Novas tamén se converte nunha das bases da identidade galega. E para celebralo, a maiores de programar dúas actividades na biblioteca municipal este 23 e 24 de febreiro, a Concellaría de Cultura tamén comparte as fotografías recibidas […]

Ares celebra o entroido co foco posto nos máis pequenos

O mércores, 2 de marzo, a pista do CPI As Mirandas acollerá dende as 17.00 horas obradoiros, inchables e ata unha área de xogos xigantes. Sobre as 19.30, haberá tamén a tradicional queima do entroido. Malia organizarse en exteriores, será necesario levar máscara ao prever grande afluencia, de cara a manter a hixiene e seguridade […]

O SendAres pon fin á súa segunda ruta cun novo éxito de participación

Os sendeiristas recorreron nesta ocasión a contorna dun lugar de interese comunitario (LIC): a Serra do Forgoselo e o cumio de Penas Louseiras, cun marcado patrimonio xeolóxico. A actividade esgotou as 20 prazas asignadas e termina cun balance moi positivo por parte da organización.  A Concellaría de Deportes vén de informar do remate da segunda […]

Somos Rosalías. Coa forza da lingua

Co lema “Somos Rosalías. Coa forza da lingua”, Ares e o resto de concellos que comparten Servizo de Normalización Lingüística promoven unha campaña dixital para conmemorar a autora máis recoñecida da literatura galega. Unha Rosalía, ademais, imbuída do simbolismo de figuras renovadoras coma as Tanxugueiras! A campaña vén de activarse este mércores, 16, e invita […]