A Alianza Aresana de Instrución cumpre 118 anos

A agrupación, composta por emigrantes de Ares que desexaban democratizar a educación na localidade, celebra o seu aniversario o próximo domingo, 20 de marzo, coa lectura da acta de creación a través das voces de varias descendentes dos socios-fundacionais. Tamén haberá unha actuación musical de Son al Son que homenaxea os ritmos cubanos e conecta […]

Apertura dun novo prazo para canxear os vales premiados polo MercAres

A Concellaría de Comercio vén de comunicar a apertura dun novo prazo para canxear os vales premiados polo MercAres, tras recibir algunhas mensaxes da veciñanza expoñendo a súa necesidade de tramitar os vales aínda pendentes en ABANCA. Desta maneira, toda persoa interesada poderá canxealos dende hoxe mesmo, 16 de marzo de 2022, ata o 30 […]

O Concello e o Club de Remo presentan a “Bandeira de Bateis Concello de Ares”

O próximo sábado, 19 de marzo, ás 16.00 horas, o municipio contará cunha cita co remo local de gran atractivo e desfrute para infancia e pais e nais. Noelia Montero, concelleira de Deportes, e Germán Sánchez, presidente do Club de Remo Ares, realizaron hoxe a entrega oficial da bandeira. A bandeira que se entregará o […]

Dúas xornadas para entender a sintomatoloxía do alzhéimer e outras demencias

Dúas xornadas para entender a sintomatoloxía do alzhéimer e outras demencias, mais tamén os seus tratamentos, alteracións de comportamento… Ou mesmo aprender boas prácticas sobre posicionamentos na cama, a hixiene postural ou as mobilizacións dos coidados. Estes serán os eixos do que se falará nas formacións que se programan dende a Concellaría de Igualdade e […]

Ares adxudica o novo contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

A semana pasada, a casa consistorial aresán acolleu o acto de sinatura formal entre o alcalde de Ares, Julio Iglesias, a concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, e os representantes da empresa adxudicataria. Esta adxudicación supón un forte cambio con respecto ao período de 2016-2021, con incrementos tanto no orzamento como número de traballadores […]

“Móvete pola Igualdade” pon fin á programación municipal do 8M

Con algo máis de medio centenar de participantes, o evento aglutinou esta mesma mañá deporte e reivindicación a prol da participación activa da muller na sociedade A marcha organizouse cun notable valor simbólico, ao exemplificar o longo camiño percorrido e o aínda pendente por recorrer en materia de adquisición dos dereitos das mulleres. As condicións […]

Revisión das actuais infraestruturas educativas

Esta mañá, o CPI AS Mirandas acolleu a visita de Martina Aneiros, delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, e Indalecio Cabana, xefe territorial de Educación. O alcalde de Ares, Julio Iglesias, as concelleiras Alma Barrón e Noelia Montero, xunto co equipo directivo do CPI e representantes do grupo político dos populares en Ares […]

Adxudicadas as obras para conectar Ares e Redes cunha senda peonil

Durante o encontro entre o alcalde de Ares, Julio Iglesias, e o presidente da Deputación da Coruña, González Formoso, que se produciu no día de onte, a localidade recibiu outra boa nova: a sinatura do contrato para executar proximamente a nova senda que conectará o núcleo urbano aresán e Redes, na estrada DP-0401. En palabras […]

O alcalde de Ares e o presidente da Deputación supervisan o avance das obras no último tramo da estrada a Chanteiro

A intervención actual na DP-0402 aumentará considerablemente a seguridade do espazo e será continuista, cos mesmos materiais e mesma tipoloxía de sección, cos primeiros 3,6 quilómetros realizados previamente. Os traballos, xa en execución, avanzan a bo ritmo malia a complexidade técnica do trazado, cun gran número de vivendas afectadas. Julio Iglesias, alcalde de Ares, e […]