Punto limpo móbil instalado en Cervás

O punto limpo móbil do Concello vén de instalarse en Cervás para que a veciñanza deposite os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos.

Últimas prazas nos Campus de Fútbol de verán da Fundación Celta

2024-Campus de Veran Fundacion Celta de VIGO-ARES-1

Se estás interesado/a nalgún dos dous Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta, tanto na modalidade tradicional do 15 ao 19 de xullo como na de porteiros –a gran novidade deste ano– do 22 ao 26 de xullo, aínda estás a tempo de sumarte á iniciativa. As xornadas desenvolveranse en horario matutino, de 9:45 […]

Apertura das inscricións para empadroados/as do VeraneAres Deportivo 2024

Lembra que hoxe mesmo, 10 de xuño, se abren os procesos de inscrición para as tres principais actividades do VeraneAres Deportivo 2024: Campamentos urbáns, Xuventude Verán Activo e Xogos nas parroquias. Até o 16 de xuño será a quenda dos empadroados/as en Ares e, do 17 de xuño en adiante, os non-empadroados/as. Podes formalizar o […]

O VeraneAres Deportivo 2024 pon en marcha o seu proceso de inscricións

A Concellaría de Deportes vén de presentar a planificación das súas actividades para verán con catro grandes programas xa consolidados: os campamentos deportivos urbáns, os xogos nas parroquias, o Xuventude Verán Activo e o Móvete VeraneAres. As inscricións para empadroados abrirán o luns, 10 de xuño, até o domingo, 16 de xuño, incluído. Do 17 […]

O Concello lanza a programación cultural do VeranAres 2024

Decenas de actividades dinamizarán a vila en xullo, agosto e setembro para que todo o mundo poida desfrutar do período estival. Cine ao aire libre, eventos deportivos, concertos, xornadas gastronómicas populares… a variedade da programación consolida ó municipio como referente comarcal para os próximos meses. A localidade de Ares activa as súas engrenaxes para a […]

O autobús para doar sangue chega a Ares mañá, xoves, 6 de xuño

Cada día precísanse máis de 400 doazóns nos hospitais galegos. Non esperes e doa sangue. En Ares, mañá, xoves, 6 de xuño. Unidade móbil para doar sangue ao carón de “El Pez Rojo” (Avda. Saavedra Meneses). De 10:00 a 14:30 e 16:00 a 21:00 horas. Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar […]