O pasado 4 de xuño, Ares acolleu o XV Campionato Galego de Dominó por parellas!

Un evento con alta participación e fonda tradición na nosa contorna que arroxou o seguinte resultado: A parella formada por Victor Lago Picos e José Sedes Ameneiros, da Asociación Recreativa Deportiva Dominó C.V.M. (A Coruña), proclamouse campioa galega, no primeiro lugar, seguida por Ángel A. Corredoira Brao e José Arias Valcárcel, da Asociación Recreativa Deportiva […]

O alumnado de 2º da ESO explorou o núcleo urbano da vila

Este luns, o alumnado de 2º da ESO explorou o núcleo urbano da vila —e loitando contra a chuvia!— coma fixeran os seus compañeiros de primeiro curso. Repetiron o mesmo percorrido, visitando a taberna-museo Pedrafeita, intimamente relacionada coa memoria local e os procesos da salazón, amais do porto deportivo e pesqueiro. Subiron ao M. Presas […]

Lembra que hoxe, martes 7 de xuño, é o día de celebración da tradicional Romaría do Voto de Chanteiro, declarada festividade local e que, por este motivo, tanto as oficinas xerais do Concello como as demais instalacións municipais permanecerán pechadas.

A programación dará comezo ás 12.00, hora na que se oficiará a misa na ermida de Nosa Señora da Mercé, dando paso á parte máis lúdica da xornada, co reparto de empanada aos asistentes e a actuación do Grupo de gaitas Aresán. No cartaz de aquí embaixo podes consultar o horario e percorrido dos buses […]

Últimas 10 prazas na próxima ruta de sendeirismo!

A concellaría de Deportes lembra que este domingo, 5 de maio, ás 23.59 horas, finaliza o prazo para inscribirse na ruta circular polo río Sor proposta dentro da programación municipal de sendeirismo! Será un itinerario que se porá en práctica o domingo 12 de xuño, e que posúe unha gran biodiversidade e unha paisaxe de […]

Ares acolleu unha nova mobilización para demandar melloras no transporte público convocada pola Plataforma por un Transporte Digno para Ferrol e comarca

  A mobilización desenvolveuse onte ás 20,00 horas diante da Casa do Concello. O acto contou cunha numerosa participación veciñal e estivo respaldado polo alcalde, a edil de Mobilidade e concelleiros de diferentes grupos da corporación municipal O Concello de Ares acolleu na tarde de onte unha nova concentración convocada pola Plataforma por un Transporte […]

Os gañadores do sorteo do DegustAres xa teñen os seus premios!

Ao longo da pasada semana todos os participantes do concurso de pinchos que completaron debidamente a ruta e resultaron gañadores do sorteo recolleron no Consistorio os seus premios: os cheques por valor de 100 euros para empregar no comercio local. A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, foi a encargada de facer a entrega a cada […]