A xornalista Susana Fraguela Vale gaña o II Premio de Novela Curta Alén do Concello de Ares
O xurado da II Edición do Premio de Novela Curta Alén do Concello de Ares xa fallou a segunda edición da convocatoria literaria. A gañadora deste ano é a xornalista Susana Fraguela Vale, autora da novela “Enfiando a vida“. O premio ascende a 2.000 euros e conleva a posterior publicación da obra pola editorial Hércules […]
A exposición de pintura ‘Un paso adelante’ chega á Casa da Xuventude aresá
A Concellaría de Cultura, xunto coa Asociación de Migrantes de Galicia (AMIGA), organiza a partir de mañá, 20 de xuño, unha mostra pictórica no andar superior da Casa da Xuventude de Ares, desta volta coas pinturas de José Luis Serrano Volcán, artista venezolano radicado en Ourense, baixo o nome ‘Un paso adelante’. Serrano Volcán caracterízase […]
O Concello clausura os seus obradoiros da área de Igualdade e Benestar
O Casino Aresano acolleu na tarde de onte a celebración do peche dos obradoiros de lectoescritura, actividades para maiores de 70 anos, risoterapia, smartphone e memoria, as programacións que promove a Concellaría de Igualdade e Benestar dende outono até agora. Unha xornada para desfrutar entre compañeiras e compañeiros, con música e pinchos, onde puideron poñer […]
Nova edición do Congreso de Fotografía de Longa Exposición en Ares
Onte a Alianza Aresana acolleu o acto de presentación desta iniciativa, debullando nel os detalles da VII edición que se promoverá no Mosteiro de Santa Catalina durante as xornadas do venres, 5 e sábado, 6 de xullo. As inscricións, que se tramitan de xeito telemático, están xa abertas, habilitándose o mail afferrolterra@gmail.com e o teléfono […]
18 autores e autoras participarán na I Edición do LiterAres, unha xornada para descubrir literatura de proximidade
Esta nova iniciativa chegará a localidade aresá o próximo sábado, 22 de xuño, nos arredores da Alianza Aresana e contará coa presenza de escritores como Arantza Portabales, Antía Yáñez, Toni Seijas ou Andrea Maceiras, amais dunha ampla mostra de creadores da contorna. Representantes do Concello e da Asociación Galega de Escritoras e Escritores (AGER) presentaron […]
Punto limpo móbil instalado en Federico García Expósito
O Punto Limpo Móbil do Concello atópase dende onte instalado en Federico García Expósito. Aproveita esta localización para desfacerte dos teus residuos domésticos especiais de maneira correcta, contribuíndo activamente ao coidado da nosa contorna. Lembra que alí poderás depositar elementos como pilas, lámpadas fluorescentes, pequenos electrodomésticos, roupa ou aceites, entre outros.
O Concello promove torneos e obradoiros de competencias dixitais para a mocidade
Nos meses de xullo e agosto, a Casa da Xuventude acollerá competicións de tenis de mesa, futbolín, e-sports, xogos en rede e billar, mais tamén dúas programacións centradas en tecnoloxía dixital e bos hábitos na Internet totalmente de balde. As inscricións para as dúas iniciativas poderán formalizarse dende mañá, martes, 18 de xuño, até esgotar […]
BANDO: Información sobre as fogueiras de San Xoán
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, FAI SABER: Que, estando próxima a celebración da noite de San Xoán, coas tradicionais fogueiras, e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en conta que segundo o disposto no artigo 1.1º do Regulamento de Servizos […]
O SendAres completa a súa saída extraordinaria por Asturias
A programación da Concellaría de Deportes de sendeirismo municipal, o SendAres, achegouse esta fin de semana á contorna asturiana para explorar o seu incrible patrimonio natural. A paisaxe despregouse ante os vinte sendeiristas que se sumaron a esta última iniciativa, un itinerario dividido en dous días, entre o sábado, 15, e o domingo, 16 de […]
Listaxes admitidos definitivos por Quincena do Programa ConciliAres 2024
Axuntamos os listados por quincena do programa Conciliares 2024 (Tanto dos admitidos como da lista de agarda), Identificándose coas iniciais dos menores. Así mesmo, dende o luns dia 17 ata o venres 21 de xuño ábrese o prazo para o pagamento das quincenas do mes de xullo, e ata o 20 de xullo para as […]
Bases Específicas Para A Contratación, En Réxime Laboral Temporal De Tres (3) Auxiliares Da Policia Local
CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES DE POLICIA LOCAL. BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN, EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE TRES (3) AUXILIARES DA POLICIA LOCAL 1.- Obxeto da convocatoria. O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral temporal de tres (3) AUXILIARES DA POLICIA LOCAL, a través do procedemento de […]
As voces do Pequecoro prepáranse para o seu concerto na Igrexa de San Xosé de Ares
A Igrexa de San Xosé acollerá o próximo domingo, 16 de xuño, ás 18:00 horas o concerto ‘Pequecoro canta con amor’, unha actuación orixinal de dúas entidades procedentes do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol: o PequeCoro do Xan Viaño e o Peque coro in crescendo. 65 alumnos e alumnas achegaranse á localidade de Ares por […]