Dentro das 28 actividades que integran a quinta edición do Ares Indiano, veciñanza e visitantes atoparán un abano de actividades que permutan entre a música, a divulgación histórica e o recoñecemento da importancia social dos migrantes na vila!

Nesta publicación atoparás máis información sobre algunhas das propostas desta fin de semana: DÚAS EXPOSICIÓNS PARA ENTENDER O NOSO PASADO Do 20 ao 31 de agosto, Ares contará cun par de exposicións, distribuídas entre a Alianza Aresana e a Agrupación Instrutiva de Caamouco, para todos aqueles interesados/a na historia. “Inventio Mundi: Galicia nas viaxes transoceánicas […]

Comezan as obras de reforma do local de Seselle

A Concellaría de Urbanismo informa de que no día de onte deron inicio os traballos de adecuación do edificio, que se habilitará para usos sociocomunitarios. A execución do proxecto supón un investimento de 290.000 euros, derivados do convenio asinado polo Concello co Instituto Galego de Vivenda e Solo. A área municipal Urbanismo vén de anunciar […]

Primeira proba para a creación listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes, vacacións, que se poidan dar no posto de Oficial de 1ª Maquinaria para o Servizo de Auga

RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA NÚMERO 378/22 DE DATA 18 DE AGOSTO DO 2022 Publicadas as BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES, VACACIÓNS, REFORZO EXTRAORDINARIO DO SERVICIO OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NO POSTO DE OFICIAL DE 1ª MAQUINARIA PARA O SERVIZO DE AUGAS INTERINO […]

O Grupo de Acción Local Pesqueiro Golfo Ártabro Norte promove encontros de traballo conxunto coa finalidade de acadar unha estratexia de futuro para esta zona costeira, que contribuirá a optimizar

No marco do proceso de elaboración da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para o período 2021-2027, o Grupo de Acción Local Pesqueiro Golfo Ártabro Norte promove encontros de traballo conxunto coa finalidade de acadar unha estratexia de futuro para esta zona costeira, que contribuirá a optimizar o aproveitamento dos fondos para a próxima liña […]

O venres pasado, o alcalde do municipio, Julio Iglesias Redondo, fixo entrega aos familiares de Manuel Peña Fernández da Cruz dentrre Servizos Distinguidos na súa categoría de Ouro.

A Cruz, emitida pola Asociación Nacional de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de España, supón un recoñecemento a título póstumo á labor de Manuel Peña Fernández no corpo de voluntarios de Ares, do que foi xefe, mais tamén á súa vocación de servizo público. Ao acto realizado na casa consistorial da localidade […]

Dende onte, a Oficina de Información Turística (OIT) municipal está xestionando as reservas para dúas actividades do Ares Indiano: a ruta en bus por Cervás e Redes e o percorrido en barco pola ría.

Por iso, se estás interesado/a, quedan prazas libres para subirse ao autobús dirección a Cervás: un roteiro guiado de aproximadamente unha hora e cun prezo de 3 euros para os adultos e 1 euro para os menores de 3 a 12 anos! O resto de itinerarios, tanto en bus coma en barco, esgotaron as prazas […]

Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 16 de agosto, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores de lixo habituais. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes.  

Finalizan os traballos de reparación da cuberta da cociña no Mosteiro de Santa Catalina

As obras recuperaron o estado orixinal da propia cuberta do cenobio anterior á reforma de carácter militar e supuxo o arreglo dunha superficie de 162 metros cadrados. A maiores do planificado no proxecto inicial, durante a actuación atopáronse elementos con valor patrimonial: letrinas orixinais, un forno ao carón da cambota e a canalización antiga dende […]