A exposición “Nós somos elas” recala en Ares para visibilizar o papel das mulleres na sociedade
A Alianza Aresana contará con 24 fotografías de retratos femininos no seu ámbito privado e laboral, todas elas realizadas polos fotógrafos Vidal. Estará dispoñible ata o 25 de setembro, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. A Alianza Aresana acolle dende hoxe, venres, 9, ata o 25 de setembro a exposición “Nós somos […]
Arrancan as obras de rehabilitación do lavadoiro de Bulleiro, en Lubre
A intervención recuperará un lugar con interese etnográfico, en consonancia coa liña de traballo que se vén a desenvolver dende o Concello e que puxo en valor outros lavadoiros coma o de Baixolo. Parten dun orzamento próximo aos 20.000 euros, con cargo ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, e estarán listas a finais deste […]
Ares organiza obradoiros de lectoescritura, memoria e risoterapia para maiores
As persoas con máis de 55 anos empadroadas no municipio xa poden inscribirse ata o 30 de setembro formalizando a súa solicitude nos Servizos Sociais de Ares. A Concellaría de Igualdade e Benestar vén de informar da apertura do prazo de inscrición nos tres obradoiros que se promoven dende Servizos Sociais de Ares, todos eles […]
Listaxe definitiva admitidas/excluidas para a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes ou ausencias que se poidan dar nos postos de Limpiador/a Municipal
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA NÚMERO 417/22 DE DATA 7 DE SETEMBRO DO 2022 Publicadas as BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NOS POSTOS DE LIMPIADOR/A MUNICIPAL PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS no Boletín Oficial da Provincia […]
Prazas agotas para a renovación do DNI
O Concello informa de que todas as prazas para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) na biblioteca municipal de Ares durante a xornada do 26 de setembro están xa cubertas. Se quedaches sen oco, podes esperar á seguinte quenda que se realizará en outubro-novembro!
Últimos días para entregar as obras que participarán no XV Concurso de Pintura Manuel Rebón
Ata o venres, 9 de setembro, inclusive, as persoas interesadas poden entregar as súas composicións no Local Social do CIRS de Cervás, en horario de luns a venres de 19:00 a 21:00 horas, e sábados e domingos tanto pola mañá (🕛12:00 a 14:00) coma pola tarde (🕖19:00 a 21:00). Recorda que é fundamental facelo segundo […]
Ares en marcha contra o cancro!
Lembra que este domingo, 11 de setembro, en horario de mañá (11:00 horas), o noso municipio acollerá unha andaina solidaria promovida pola Asociación Española contra o Cancro en Ares. Será un itinerario de 6 quilómetros dende a praia do Xuncal – paseo marítimo – Poellas – Praia de Centeás – Praia da Barrosa e regreso […]
Durante a tarde do sábado pasado, 8 freestylers galegos amosaron no núcleo da vila a súa destreza e creatividade coa rima improvisada!
O rap chegou á Praza da Constitución e achegouse á veciñanza na I Batalla de Galos Concello de Ares, unha proposta alternativa das Concellarías de Cultura e Mocidade que se saldou positivamente. Empregando un esquema de competición, con cuartos, semifinais e finais, Perry, Kumas, Galez, Ruvix, Ykiam, Dury, Junay e Kaid enfrontáronse baixo diferentes ritmos […]
O Mosteiro de Santa Catalina acolleu onte o relatorio impartido polo alcalde de Ares e profesor titular de Dereito Civil, Julio Ignacio Iglesias Redondo
O evento serviu para facer un percorrido pola historia de España a través do Dereito Foral, debullando así as orixes do ordenamento xurídico que sustenta a sociedade contemporánea a día de hoxe. Se non estiveches no evento, mais desexas afondar nesta temática, podes escoitala integramente na seguinte ligazón: Concello de Ares · Relatorio sobre dereito […]
O 26 de setembro poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na biblioteca municipal de Ares!
Se estás interesado/a en facelo, lembra que tes que concertar a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. Ten en conta que podes realizar a túa renovación ata 6 meses antes da data de caducidade.
O Concello licita a adquisición dun vehículo que fará de punto limpo móbil na localidade
Suporá un investimento de case 86.000 euros, a través dunha subvención da Xunta con fondos NextGeneration da Unión Europea, e mellorará o servizo de tratamento dos residuos, achegándoo máis directamente á veciñanza. O vehículo permitirá recoller residuos especiais coma pequenos electrodomésticos, pilas e baterías, lámpadas, calzado, roupa ou aceites minerais e vexetais. O Concello vén […]
A pintura regresa á Casa da Xuventude coa exposición “Paisaxes de Ares e Caamouco”
A obra pictórica de Luis da Silva Santiago (O Portuxés) estará dispoñible dende mañá, 2 de setembro, ao 15 no andar superior do edificio municipal. A Casa da Xuventude de Ares acollerá unha nova exposición volvendo ó eido pictórico para achegar a obra de Luis da Silva Santiago, “O Portuxés”, coma así vén de anunciar […]