O Concello de Ares recibiu una liña Axudas autonómicas para a realización do proxecto “MELLORA DA ACCESIBILIDADE E POSTA EN VALOR DA CONTORNA DA PRAIA DO XUNCAL
O Concello de Ares recibiu una liña Axudas autonómicas para a realización do proxecto “MELLORA DA ACCESIBILIDADE E POSTA EN VALOR DA CONTORNA DA PRAIA DO XUNCAL – (GALP2-211)” cun orzamento total subvencionable de 49.421,60 € cun porcentaxe de axuda dun 80 % que farase na anualidade 2022 ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local […]
Para o deseño das rutas enmarcadas dentro do proxecto “Ares Descobre”, nestes días levouse a cabo un proceso de gravación de videotestemuñas con algúns informantes aresáns, as persoas que mellor poden coñecer a historia do territorio polo que transcorrerán os percorridos tematizados.
Así, primeiro visitouse Caamouco para falar con Ernesto López Naveiras, historiador da parroquia e presidente de honra da Agrupación Instrutiva de Caamouco. A conversa con el serviu para afondar mellor no pasado mariñeiro de Redes a través da evolución das súas rúas e a singularidade da súa arquitectura. López Naveiras destacou especialmente a importancia de […]
Aínda non tiveches ocasión de achegarte a ver as obras que participaron no XV Concurso de Pintura Manuel Rebón?
O domingo, 25 de setembro, será a derradeira oportunidade para facelo no acto oficial de clausura da exposición do certame! Organizarase nas instalacións do CIRS de Cervás ás 19:00 horas e, ademais, incluirá a entrega de premios aos gañadores.
A casa consistorial de Ares iluminouse esta madrugada de cor verde para sumarse ó Día Mundial do Alzhéimer 2022 que se celebra cada 21 de setembro.
Unha xornada feita para visibilizar a doenza e reivindicar a importancia da investigación na mellora da calidade de vida dos afectados polo alzhéimer.
Lembra que este venres 23 e o sábado 24 Ares contará con dúas actuacións inscritas na programación do IV Festival Internacional de Entes Animados, posto que o noso municipio forma parte dos 8 concellos organizadores do evento.
Desta maneira, mañá venres, 23 de setembro, ás 19:00 horas, a italiana Irene Vecchia Burratini, recalará na Alianza Aresana co seu espectáculo A Lúa e Pulchinella. Xa o sábado, 24 de setembro, ás 18:30 horas, tamén dende Italia chegará Di Filippo Marionette, interpretando o título Corazóns de madeira, no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro. As […]
Ares volcarase co coidado da natureza e os cursos fluviais galegos!
Este domingo, 25 de setembro, Ares volcarase co coidado da natureza e os cursos fluviais galegos! Se queres botar unha man e axudar na limpeza que se fará do manantial de Bordocedo, o que conecta co río dos Frades, contacta co número que pon á disposición a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina: […]
Licitados os traballos de mellora de servizos e pavimentos na rúa San Xosé
A obra permitirá renovar a rede de saneamento, pluviais e de abastecemento, mais tamén levar a cabo obras civís no alumeado, electricidade e telecomunicacións. A intervención traducirase nun investimento de aproximadamente 170.000 euros, asumidos entre o Concello e o POS+2022 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo vén de informar da licitación das obras […]
Plan Antifraude: Plan de recuperación, transformación e Resilencia (PRTR) fondos europeos de recuperación NextGeneratión EU – Regulamento (EU).
D. MANUEL LARROSA RODRIGUEZ. SECRETARIO DO CONCELLO DE ARES (A CORUÑA) CERTIFICA QUE: O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 01 de Agosto de 2022 adoptou o seguinte ACORDO: Punto núm. 7.- Plan Antifraude: Plan de recuperación, transformación e Resilencia (PRTR) fondos europeos de recuperación NextGeneratión EU – Regulamento (EU). Dáse […]
As parroquias de Caamouco e Cervás contarán con dous novos itinerarios para que locais e visitantes poñan en valor a súa cultura mariñeira
Baixo o marco do proxecto “Ares Descobre”, en ambas áreas executaranse dúas rutas que incorporarán contidos asociados ó patrimonio litoral da localidade e que poderán consultarse no Wikiloc municipal. O Concello vén de facer públicos os dous espazos de Ares nos que se poderán desfrutar dos novos deseños das rutas inscritas no proxecto “Ares Descobre”, […]
Ares conmemora o Día Mundial do Alzhéimer 2022
A casa consistorial iluminarase de verde durante esta madrugada coma unha forma de sumarse á celebración e apoiar a súa visibilización. A concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, tamén aproveitou a ocasión para visitar o local sociocomunitario municipal onde se realiza un servizo, as actividades de estimulación cognitiva, que é “primordial para as familias […]
Últimos días para acudir á exposición “Nós somos elas”
Se estás interesado/a en botar unha ollada ás 24 fotografías que compoñen a mostra “Nós somos elas”, lembra que estará dispoñible nas instalacións da Alianza Aresana ata o 25 de setembro! Achégate ata alí nun horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, para ver como as imaxes do Arquivo Fotográfico Vidal e […]
Lista con notas do proceso selectivo para a contratación laboral temporal do Persoal do Obradoiro de Emprego Reinicia IX.
RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA Nº456 /2022 DO 21 DE SETEMBRO DE 2022. Asunto: SELECCIÓN DEFINITIVA DA CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DO PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO REINICIA IX. A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou no DOG nº 46 a Orde do 8 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas […]