O Concello de Ares e FEGADACE colaboran na sensibilización e prevención do dano cerebral cunha exposición e unha sesión informativa
A colección de fotografías poderá visitarse dende hoxe, luns 10, ata o 23 de outubro no Centro de Saúde de Ares, namentres que a charla se celebrará o 24 de outubro na Alianza Aresana. Ares contará durante as próximas semanas con dúas iniciativas centradas en dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, […]
O M. Presas vén de ampliar a súa oferta de rutas marítimas ata o 1 de novembro pola demanda que está a recibir nas últimas semanas!
Así que se estabas pensando en subirte ó barco para ver dende unha nova perspectiva a costa de Ares, podes facer as túas reservas no 609 22 42 23. Á túa disposición tes varios itinerarios de hora e media de duración tanto pola mañá (de 11:00 a 12:30 horas e de 12:30 a 14:00) coma […]
110 veciños e veciñas de Ares desprazáronse ata Lugo o venres pasado para desfrutar do San Froilán!
Unha das principais celebracións galegas no outono onde a gastronomía, o folclore e a escolma de espectáculos de música, teatro e maxia cobran especial relevancia. A nosa veciñanza desfrutou dos atractivos da cidade lucense a través da iniciativa que organizou a Concellaría de Benestar e Igualdade de Ares, habilitandos dous autobuses de ida e volta […]
Resolución lista agarda alumno-traballador especialidade sociosanitaria, Obradoiro Emprego Reinicia IX
RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Nº 507/22 Alcalde-Presidente D. Julio Ignacio Iglesias Redondo Asunto: RESOLUCIÓN LISTA AGARDA ALUMNO-TRABALLADOR ESPECIALIDADE SOCIOSANITARIA, OBRADOIRO EMPREGO REINICIA IX A vista da Resolución da Alcaldía 461/22 de data 23-09-2022 na que aprobase a LISTA DEFINITIVOSELECCIONADOS ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO REINICIA Recibida instancia de Dna. Mª Montserrat Soto Brage, con Rexistro Núm. 2022-E- […]
Teresa Ribera achégase ás actuacións de eficiencia enerxética de Ares
A ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico alabou a dilixencia do Concello na posta en marcha destas iniciativas e salientou o aforro económico que supoñen. Nos últimos anos, o investimento destinado a aforro e eficiencia enerxética, asumido entre Goberno Central e a institución municipal aresán, sitúase preto do millón de euros. O […]
Resolución lista agarda alumno-traballador Especialidade Sociosanitaria, Obradoiro Emprego Reinicia IX
RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Nº 503/22 Alcalde-Presidente D. Julio Ignacio Iglesias Redondo Asunto: RESOLUCIÓN LISTA AGARDA ALUMNO-TRABALLADOR ESPECIALIDADE SOCIOSANITARIA, OBRADOIRO EMPREGO REINICIA IX A vista da Resolución da Alcaldía 461/22 de data 23-09-2022 na que aprobase a LISTA DEFINITIVO SELECCIONADOS ALUMNADO DO OBRADOIRO DE EMPREGO REINICIA. Recibida instancia de Dna. María del Mar Fernández Cupeiro, con […]
O Concello de Ares renova a súa páxina web institucional
O novo sitio, baixo o dominio www.concellodeares.gal, responde ás necesidades dunha cidadanía dixitalizada e ós novos sistemas de navegación, adaptándose mellor aos teléfonos móbiles intelixentes e achegando contidos marcados pola accesibilidade. Esta mesma mañá, a concelleira de TICs, Noelia Montero, o técnico informático municipal, Rubén Ozores, e o responsable de Comunicación, Pablo Rañales, implicados no […]
Resolución alegacion Personal Dirección – Proceso de Selección Obradoiro Emprego Reinicia IX
RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Nº 500/22 Alcalde-Presidente D.Julio Ignacio Iglesias Redondo Asunto: RESOLUCIÓN ALEGACION PERSONAL DIRECCIÓN – PROCESO DE SELECCIÓN OBRADOIRO EMPREGO REINICIA IX Rematado o proceso de selección ao abeiro das BASES REGULADORAS QUE REXERÁN A SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DO PROXECTO DE OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA IX” PROMOVIDO POLOS CONCELLOS […]
O Concello de Ares leva remitidas 23 queixas por escrito neste 2022 a UTE Hércules Norte e Xunta de Galicia manifestando as deficiencias no transporte público metropolitano
Ademais, a institución local vén de informar dun novo incumprimento no servizo de autobuses que conecta Ares co IES de Mugardos na tarde de onte, deixando a preto de 25 usuarios, entre eles moitos estudantes, sen medios para acudir ó seu centro de estudo. Esta mañá, o Concello aresán remitiu unha nova queixa ás entidades […]
Ares duplicou este verán o número de visitantes en comparación co ano pasado
Os datos emitidos pola Oficina de Información Turística (OIT) arroxan unha tendencia de aumento constante nas últimas tres anualidades, mantendo a tipoloxía de turismo da localidade: público nacional que valora a comodidade e a seguridade. Os meses de xullo, agosto e setembro de 2022 sáldanse cun total de 1402 visitantes acudindo á OIT, 744 persoas […]
A rapazada do CPI As Mirandas asistiu esta mañá ó espectáculo de MJ Pérez no salón de actos da Alianza Aresana!
Unha actuación que se inscribe no marco das actividades que celebran o Día do Orgullo Neofalante, organizadas conxuntamente entre a área de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade, e que busca conectar directamente coa mocidade no emprego do galego. Estas foron algunhas das fotografías que nos deixou a xornada!
Comezan os obradoiros de lectoescritura e memoria na contorna municipal
A concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, achegouse tanto onte coma esta mesma mañá ás primeiras sesións dos grupos que integran os obradoiros de memoria e lectoescritura na Alianza Aresana e no edificio municipal de Servizos Sociais, respectivamente; dúas iniciativas promovidas pola súa área de traballo co foco posto nas persoas maiores de 55 […]