As zonas de baño de Ares, Chanteiro, O Raso e Seselle obteñen a clasificación sanitaria final de “Excelente” para a tempada de baño 2023.

Comparte esta nota de prensa

Esta clasificación é outorgada en cumprimento do Real Decreto 1341/2007, que establece a xestión da calidade das augas de baño.  De acordo aos parámetros desta normativa, as autoridades sanitarias da Xunta determinaron a clasificación sanitaria final das zonas de baño situadas no munipicio de Ares. Así, as praias de Ares, Chanteiro, O Raso e Seselle obtiveron a distinción de “Excelente”, garantindo aos bañistas estándares óptimos de calidade na auga.

A clasificación sanitaria “Excelente” garante aos residentes e turistas que poderán gozar destas praias con total tranquilidade, sabendo que cumpren cos máis altos estándares de seguridade e salubridade.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,