As mellores galas de época locen na tenda efémera de aluguer de vestimenta indiana

Comparte esta nota de prensa

Dende este luns, xa podes achegarte até a Avda. Saavedra Meneses núm. 16 e ver as opcións que nos proporciona Chimpos, a empresa especializada en traxes de época, para o VII Ares Indiano!

Alí atoparás vestimenta de home, de muller, de nenos e nenas… pero tamén un amplo surtido de complementos, dende tocados e sombreiros a guantes ou bolsos, que sirvan para que non quedes sen caracterizarte durante os días 16, 17 e 18 de agosto.

Baixo un horario de 11:30 h. a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 h. (agás o día  15 de agosto, que non haberá servizo de tarde), achégate até a tenda, onde tamén poderás recibir asesoramento para elixir a combinación do conxunto.  O sábado, 17 de agosto, será o último día onde estará operativo este servizo.

Con todo, lembra que posteriormente as pezas alugadas se devolverán ao longo da xornada do luns, 19 de agosto.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,