O Concello ilumínase durante toda esta semana para visibilizar o duelo das familias que pasaron pola morte dun fillo/a na etapa xestacional ou perinatal, en consonancia cos actos que se promoven polo 15 de outubro, Día Internacional da Concienciación destes falecementos.
A entidade municipal súmase así á campaña promovida pola asociación Bolboretas no Ceo Norte, na que se defende a necesidade de xerar empatía nas institucións e o tecido civil, amais de reducir o tabú arredor desta problemática.