As bailarinas da pintora aresán Gloria López estrénanse na Casa da Xuventude

Comparte esta nota de prensa

Dende o 1 até o 16 de agosto, o andar superior da Casa da Xuventude de Ares acollerá unha nova mostra pictórica no marco do seu ciclo de exposicións multidisciplinares, achegándose desta volta ás obras de María Gloria López Villares.

Instalarase a súa exposición ‘Bailarinas envueltas en poesía’, un conxunto de cadros que teñen tamén carga narrativa: cada composición amosa a unha bailarina en movemento, de marcadas liñas sinuosas e corpos en contorsión, acompañada dunha poesía que debulla unha historia. A atracción de Gloria López por elas nace directamente da beleza, dificultade e sacrificio que a pintora atopa na disciplina artística da danza.

A pintora aresá vai así máis aló das paisaxes e bodegóns que caracterizaron o seu percorrido pictórico, colocando a súa particular ollada no retrato e na pintura figurativa.

Calquera persoa interesada poderá visitala de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas, incorporando un horario de tarde os xoves e venres de 20:00 a 22:00 h.

A inauguración oficial formalizarase o propio 1 de agosto ás 19:00 h.

CARTEL EXPOSICION PINTURA GLORIA LOPEZ 2024

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña