As áreas de baño de Ares, Chanteiro e O Raso-Seselle reciben a clasificación sanitaria ‘Excelente’ para a vindeira tempada estival

Comparte esta nota de prensa

Os principais areais da vila delimitados como zonas de baño veñen de obter esta semana a máxima clasificación en termos sanitarios, acadando o ‘Excelente’ para a tempada de baño de 2026 que outorga a Consellería de Sanidade da Xunta, o organismo autonómico encargado de establecer a calidade das augas de baño.

Así, as praias de Ares, Chanteiro, O Raso e Seselle obtiveron unha distinción que garante aos bañistas condicións sanitarias óptimas, de cara a que poidan gozar das praias partindo dos estándares de seguridade e salubridade máis altos da clasificación da Consellería. O Servizo de Control de Riscos Ambientais certifica así a súa idoneidade de cara ó verán.

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.