As Alfombras de Ares somos tod@s!

Comparte esta nota de prensa

A celebración do Corpus aresán deste ano está marcada pola recuperación das Alfombras Florais despois de dous anos de parón debido á pandemia. Isto provocou unha pérdida de alfombristas activos e dificultou a celebración da confección dos tapices florais o pasado ano.

Mais este ano, a pesares da difícil situación, os alfombristas dos seis tramos tradicionais acordaron confeccionar os tapices florais en rúas diferentes ás habituais para facilitar a recuperación da festa. O tapiz comezará na Praza da Igrexa e percorrerá a Rúa Real ata o cruzamento da Avenida de Mugardos, para logo volver pola Rúa María e retomar a Rúa Real.

Para levar a cabo a confección dos tapices, habilitáronse catro puntos de picado e preparación de material nas Escolas do Lago, a Casa da Parroquia, a antiga Carnicería Cupeiro e a Rúa San Simón.

Desde a Asociación de Alfombras Florais de Ares convídase á veciñanza e a toda a xente da contorna para participar e colaborar na preparación dos materiais para que esta tradición poida continuar.

Ademais, espérase a colaboración da hostalería e o comercio local para proporcionar alimentos e bebidas aos voluntarios que ofrecen o seu valioso tempo a favor da conservación das Alfombras de Ares.

Desde a Asociación saliéntase a importancia de manter viva esta tradición que foi parte da identidade de Ares durante máis de 40 anos e que honra a tantos veciños e veciñas que traballaron arduamente para facer dela o que é hoxe.

Todo o mundo será benvido a participar e apoiar na preservación das Alfombras de Ares!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,