Arrancan as visitas guiadas no Mosteiro de Santa Catalina e o alboio de Redes

Comparte esta nota de prensa

Tanto onte coma hoxe, o Concello vén de iniciar as actividades turísticas en dous espazos de considerable interese patrimonial para a localidade: o Mosteiro de Santa Catalina e o alboio de Redes. As visitas realízanse polas técnicas de turismo de Ares, sempre en horario de mañá, de 11:00 a 13:00 horas, alternando os días e de maneira totalmente gratuíta.

Así, todos os luns e xoves promoveranse percorridos guiados no Mosteiro para coñecer as súas orixes e contexto histórico, amais do seu valor arquitectónico e artístico. Divulgarase a figura de Fernán Pérez de Andrade, o pasado franciscano do Mosteiro e outra información de interese dentro do eido turístico.

No tocante ó alboio, as técnicas afondarán no patrimonio mariñeiro de Redes os martes e venres. O material que se atopa actualmente exposto no edificio permite achegarse a fotografías históricas do século pasado, e tamén indagar na importancia cultural das cabrias e na memoria que hai en Ares arredor do mar, do proceso migratorio e da pesca.

Se estás interesado, vísitaos nalgún dos horarios habilitados e coñece a historia do noso municipio!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña