Ares volveu destacar pola súa xenerosidade e solidariedade na VI Noite Branca Solidaria. Tanto veciños como visitantes mostraron unha vez máis o seu compromiso participando activamente neste evento.

Comparte esta nota de prensa

O resultado foi extraordinario, xa que se puido recadar un total de 1.938 euros, que se destinarán a Cáritas de Ares para a compra de alimentos.

A implicación de tod@s fixo da noite do sábado un claro exemplo de que en Ares sempre prevalece a colaboración e o espírito comunitario!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.