Ares volveu amosar o seu compromiso coa igualdade de xénero este sábado pasado!

Comparte esta nota de prensa

Malia as condicións metereolóxicas, a veciñanza sumouse ás dúas andainas no marco de “Camiña pola Igualdade”, un acto simbólico organizado polo Concello para lembrar a ruta percorrida, mais tamén o longo sendeiro pendente de transitar na nosa sociedade de cara a  eliminar todo tipo de violencias e discriminacións fundamentadas no xénero.

As dúas andainas, de diferente extensión, aglutináronse ao seu remate na Praza da Constitución da vila, onde se deu lectura ao Manifesto polo 8M por parte de representantes da corporación municipal, entre elas a concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro.

Na lectura conxunta, fíxose fincapé na relevancia da igualdade entre homes e mulleres, un “dos maiores desafíos en materia de dereitos humanos” da actualidade, así como a necesidade de traballar colectivamente para crear, entre todos, un futuro máis xusto e igualitario para todas as persoas, independentemente do xénero que se teña.

As últimas liñas do manifesto enfatizan esa construción dun lugar mellor onde vivir: “Xuntas e xuntos podemos construír un mundo onde todas as mulleres e niñas poidan vivir libres de discriminación e violencia, e alcanzar a igualdade real”!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña