Ares volve subir ao autobús do teatro!

Comparte esta nota de prensa

Este sábado, a veciñanza viaxou ata Santiago de Compostela para desfrutar de “A serie Clopen”, unha comedia trepidante dirixida por Pablo Reboleiro que combina humor, danza e un estilo circense  para afondar nas grandes problemáticas da mocidade a través da historia de Alicia, unha rapaza en construción da súa identidade.

 A actividade, impulsada pola Concellaría de Cultura dentro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, volveu conectar Ares coa mellor mostra do teatro galego.

 Foi unha tarde para gozar da cultura e pensar sobre os retos dos mozos e mozas do noso tempo, apostando por facilitar o acceso á arte de toda a veciñanza da vila.

 Velaquí algunhas imaxes desta xornada cultural!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.