Ares vivirá a XXX edición da súa Milla Urbana

Comparte esta nota de prensa

Representantes municipais e da Federación Galega de Atletismo presentaron o evento con máis tradición na localidade, que se celebrará o 6 de agosto.

As inscricións, vía telemática en www.carreirasgalegas.com, xa están abertas ó público.

A concelleira de Deportes, Noelia Montero; a tenente alcalde, Alma Barrón; o técnico municipal, Javier Sánchez, e o delegado ferrolán da Federación Galega de Atletismo, Paulino Cartelle, veñen de presentar no consistorio de Ares a Milla Urbana, unha iniciativa que cumpre trinta anos e que se converte xa nunha das máis singulares da localidade.

No acto de presentación, os axentes implicados afondaron na idiosincrasia do evento, que conta cun carácter notablemente interxeracional e que se celebrará o 6 de agosto ás 11:00 horas aproximadamente. Con 15 categorías distintas que varían en función de idade e percorrido, a XXX Milla Urbana ten a suficiente amplitude coma para que participen dende nenos e nenas de 3 anos ata as persoas máis maiores. O deporte convértese nunha ferramenta para que desfruten o conxunto das unidades familiares, dende avós ata pais, nais e fillos.

A iniciativa abarcará dende o paseo marítimo de Ares, próximo á Praza da Igrexa, ata o peirao deportivo, en percorridos que permutan entre os 50 metros para os prebiberóns e os 1609 metros (a propia milla náutica). O proceso de inscrición xestiónase de maneira totalmente telemática a partir da páxina web www.carreirasgalegas.com e habilítase dende hoxe ata o martes, 2 de agosto, cun prezo de 1 euro.

Esta XXX Milla Urbana contará coa colaboración non só da Federación Galega de Atletismo, senón tamén de Coca Cola Iberian Partners.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,