Ares vive un Samaín e Magosto entre castañas, ánimas e cabazas!

Comparte esta nota de prensa

Este domingo tivemos disfraces, música e unhas cantas gargalladas na pista cuberta do CPI As Mirandas coa celebración do Samaín e Magosto municipais.

As familias gozaron das actividades que se propuxeron dende a Concellaría de Cultura, con obradoiros –un de feridas e maquillaxe e outro de chupa chups vampíricos–, inchables, o cantabaila, animación musical e, por suposto, un bo puñado de castañas asadas.

Coa colaboración da S.C. O Tilo, quen quixera inmortalizar o momento podía facelo no seu photocall tematizado e as persoas máis creativas podían lanzarse a experimentar no concurso de cabazas .

Unha boa tarde en comunidade para pequenos e maiores, na que tamén se agradece a labor feita polo voluntariado de Protección Civil de Ares.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.