Ares viaxará a Cerceda para desfrutar do seu parque acuático

Comparte esta nota de prensa

A actividade promovida pola Concellaría de Cultura desenvolverase a próxima semana, incluíndo no seu prezo o transporte, desprazamento e monitores.

A inscrición abrirá mañá, 5 de xullo, de maneira presencial na biblioteca municipal de Ares.

A área de Cultura da localidade vén de anunciar unha nova actividade que achegará tanto ás familias coma aos mozos e mozas a posibilidade de visitar o Aquapark de Cerceda, a única instalación de entretemento e lecer destas características en Galicia. A veciñanza poderá gozar así da adrenalina dos aquatubos, tobogáns e multipistas, ou relaxarse nos jacuzzis e piscinas infantís.

A viaxe prográmase para o martes, 12 de xullo, incluíndo no seu prezo tanto o transporte coma a entrada ao propio parque acuático. O autobús que se habilitará para a visita sairá da Porta do Sol (contorna do Froiz de Ares) ás 11:30 horas e marchará de Cerceda preto das 19:30. Os prezos variarán en función do rango de idade dos participantes:

  • Nados entre 2018-2022: 8 euros (deberán estar sempre acompañados por un adulto).
  • Nados entre 2011-2017: 12 euros (deberán estar sempre acompañados dun adulto).
  • Nados ata 2010: 16 euros (no rango de idade de 12 a 18 anos, se non viaxan cun adulto, deberán cubrir a autorización de saída)

Durante o desprazamento, haberá monitores para asistir aos menores que viaxen sós, e tamén permanecerán no recinto para atender calquera incidencia que lles trasladen. A comida non estará incluída no prezo, puidendo levala de casa ou empregando os servizos do bar/kiosco dispoñible dentro do parque.

Se estás interesado/a nesta proposta da Concellaría de Cultura, podes reservar praza mañá, 5 de xullo, de maneira presencial nas instalacións da biblioteca municipal de Ares, achegando o importe correspondente no momento da inscrición.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña