Ares saboreou o mellor da gastronomía galega coa campaña ‘Galicia sabe amar’

Comparte esta nota de prensa

A foodtruck da campaña ‘Galicia sabe amar’ promovida pola Xunta de Galicia chegou onte ó municipio aresán para ofrecer as súas degustacións gratuítas ao longo de toda a xornada, un xeito de destacar a calidade e variedade da gastronomía galega e do produto de proximidade.

Xunto con veciñanza e visitantes, á foodtruck instalada no paseo marítimo de Ares tamén se achegou Lucía Blanco, concelleira de Comercio e Turismo, para apoiar esta iniciativa que pon en valor o traballo dos profesionais da pesca e do marisqueo, e que xa pasou pola localidade en anteriores anos.

Dende a súa área municipal, Blanco fixo fincapé “na relevancia de apoiar toda proposta que exalte os produtos do noso mar e da nosa terra, e non só degustándoos, senón tamén mercando dende o local, como ben se pode facer no Mercado Municipal da nosa vila”.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.