Ares rememora a pegada indiana no municipio a través da cultura e do ocio

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana acolleu a inauguración oficial do V Ares Indiano, a celebración que pon o foco nos migrantes que marcharon dende a localidade á América.

28 actividades converterán a fin de semana nun viaxe de época ao pasado e unha lembranza das persoas que partiron para traballar por un futuro mellor.

A Alianza Aresana, un dos edificios máis emblemáticos da historia local, acolleu esta mañá a inauguración da quinta edición do V Ares Indiano, o evento para lembrar unha parte central no pasado do municipio. A inauguración serviu para certificar oficialmente a posta en marcha dunha celebración que vén de achegarse ós niveis prepandemia, con 28 propostas culturais e de ocio espalladas entre Redes, Cervás e o núcleo de Ares.

Durante o acto de inauguración, o alcalde da localidade, Julio Iglesias Redondo, salientou o papel “duns migrantes que marcharon, pero que nunca se esqueceron de nós, o pobo aresán, nin da súa terra. Todos conribuíron a facer máis grande a vila, sabendo que a educación era a chave do progreso”.

Tanto o rexedor de Ares coma a concelleira de Cultura, Alma Barrón, entregaron aos patrocinadores e colaboradores do evento unha placa conmemorativa en agradecemento á súa involucración na festa de época. Tamén homenaxearon á familia Fuentes, propietarios dun negocio que cumpre 75 anos e que presenta orixe indiana.

Con todo, despois da inauguración oficial desta mañá, que se pechou coa actuación do trío Blanco e Negro, haberá oportunidade para desfrutar de rutas históricas en barco, a pé e en bus; de achegarse á música cubana; de visitar algunha das dúas exposicións activas (“Inventio Mundi: Galicia nas viaxes transoceánicas nos séculos XV-XVIII” na Agrupación Instrutiva de Caamouco e “Retratos de familia” de Delfín Vázquez na Alianza Aresana) ou achegarse ata a XII Festa da Xiba, ambientada coma os Xardíns de La Tropical, o lugar onde se producían as romerías galegas na Habana.

Así é como se retrocederá no tempo non só por un motivo lúdico, senón tamén para difundir e espallar a fonda pegada indiana en Ares, tanto na súa configuración arquitectónica coma na súa evolución cultural. Unha lembranza de todas as figuras que loitaron pola mellora e o ben da vila, independientemente do seu éxito económico.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña